Pachi Vázquez: "Que non vos enganen, a culpa da crise non é do sistema público, senón do sistema financeiro que defende a dereita"

Pachi Vázquez: "Que non vos enganen, a culpa da crise non é do sistema público, senón do sistema financeiro que defende a dereita"

Pachi Vázquez: "Que non vos enganen, a culpa da crise non é do sistema público, senón do sistema financeiro que defende a dereita"

O PSdeG defende aos empregados públicos e esixe ao PP "non ser forte cos débiles e débiles cos fortes"

Na ofrenda a Castelao no Día de Galicia chamou aos socialistas a “non permanecer impasibles ante a maior destrución de emprego e dereitos, cun presidente que escapa, da as costas e sae fuxindo”

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, defendeu hoxe os dereitos dos empregados públicos e recomendou ao PP "non ser forte cos débiles, e débil cos fortes".

Na ofrenda floral ante o busto de Castelao celebrada en Rianxo (A Coruña) para conmemorar o Día de Galicia, o dirixente socialista dirixiuse expresamente a este colectivo: "Que non vos enganen, a culpa da crise non é do sistema público, senón do sistema financeiro que defende a dereita".

Neste sentido, manifestou que cada vez que se ataca a un traballador público, está perdendo dereitos o cidadán que vai recibir o servizo dese traballador público e por iso, entre outras moitas razóns, esixiu aos Executivos central e autonómico que "non busquen inimigos". "Eles fannos a vida posible, o público é o que nos fai iguais", apuntou.

Vázquez lamentou que "os gobernos conservadores" que empezaron intentando "desmontar" os dereitos dos cidadáns, neste momento xa están empeñados na "demolición" do Estado democrático e da Autonomía de Galicia, do autogoberno.

O dirixente socialista definiu o momento actual como "crítico, dramático, ao límite". Referiuse a Castelao, citando da súa obra magna, Sempre en Galiza, unha frase “tan pequena como fermosa: a vergonza é peor que a fame”, e segundo Vázquez, “o presidente galego sente vergonza do autogoberno, de defender ao seu país”.

Recriminou a Núñez Feijoo que antes ía a Madrid dando golpes no peito, agora vai axeonllado, a dicir que si ao desmantelamento do Estado autonómico e dos dereitos dos cidadáns", engadiu.

Chamou aos galegos a dicir “basta xa”, "xa abonda" de "atacar" aos máis débiles, de "mentir descaradamente e de que nos rouben o que tanto esforzo e anos custounos conseguir a todos", unha sanidade e educación públicas e gratuítas, traballos dignos e esperanza no futuro.

"Non podemos permitir que apaguen o porvir dos nosos fillos, que enchan de medo o corazón dos nosos maiores, que se acabe o autogoberno, que nos digan tranquilamente iso de que non hai outro modo, que ten que ser así”.

Para Vázquez si hai outros xeitos. Propuxo cambiar a política de recesión pola de crecemento, emprego, e defensa sen concesións dos servizos públicos. "Non podemos permanecer impasibles e baixar a cabeza e a vista ante a maior destrución de emprego e dereitos da cidadanía", subliñou.

No seu discurso fixo fincapé na importancia de situarse a carón da cidadanía, das "familias angustiadas" por chegar a fin de mes, os pensionistas "esquilmados", dos dependentes "esquecidos, aos que queren esconder e tapar" e das mulleres que volven ver "con preocupación e incredulidade como personaxes como Gallardón botan por esa boca barbaridades regresivas", en alusión ás súas opinións sobre a Lei do Aborto.

Vázquez demandou "que non se use a crise para volver a un modelo predemocrático en moitos sentidos". Acusou á dereita de usar”demagoxias populistas dicindo que a política e mala”. Vázquez defendeu a práctica da política como o “que nos fai iguais”, motivo polo que están en contra dela “a dereita e os poderosos”.

Opinou de Novagalicia Banco que debe ser o sistema financeiro de Galicia, pero "non para que sigan os mesmos de sempre", senón para abrir o crédito ao financiamento "e que os cidadáns volvamos ter recursos para sacar adiante este país".

Para logralo, é imprescindible "que devolvan o diñeiro aos estafados polas participacións preferentes", concretou, e demandou ao presidente da Xunta que aos afectados por estes "contratos fraudulentos e masivos" non se lles engane unha segunda vez coa solución da arbitraxe, porque esta fórmula "só afecta" a uns poucos, a 600 de 70.000.

No canto da amnistía fiscal "para os que roubaron", Pachi Vázquez propuxo unha loita contra a fraude; tamén que a Igrexa abone o IBI, e cualificou de "conto" a frase de Núñez Feijoo de facer máis con menos, porque "cando temos menos hai que saber en que gastar o menos que temos".

"Non vai vir ninguén a axudarnos, temos que ser nós quen o fagamos, e para defender a resignación, coller as maletas e escapar deste país, xa temos ao presidente da Xunta", concluíu Vázquez, interrompido ata en tres ocasiones polos aplausos, en referencia á recente viaxe por Latinoamérica de Alberto Núñez Feijóo.

No acto do día de Galicia houbo tamén un emotivo recordo á figura de Gregorio Peces-Barba e unha mostra de afecto e solidariedade co Secretario de Organización Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Emilio Vázquez, que onte perdía a súa nai en accidente de tráfico.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar