Pachi Vázquez propón unha fronte común para que NGB quede en Galicia e non sexa subastada ou troceada polo Banco de España

Pachi Vázquez propón unha fronte común para que NGB quede en Galicia e non sexa subastada ou troceada polo Banco de España

Pachi Vázquez propón unha fronte común para que NGB quede en Galicia e non sexa subastada ou troceada polo Banco de España

p>O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, manifestou nos micrófonos de Radio Voz, a súa preocupación pola subasta que poida facer o Banco de España de Novagalicia Banco, unha ves recapitalizada, e vendan a entidade galega por un euro.

Máis alá do que diga o Goberno galego, insiste o líder dos socialistas galegos, coñecemos que a entidade necesita 4.500M€, que vai poñer o Banco de España, que xa ten o 93% desta entidade. Logo, é o momento de esixirlle ao Goberno e ao Banco de España, que é o titular de entidade, “que o banco se quede en Galicia aínda como banco nacionalizado” porque “ xa é na práctica un banco nacionalizado”.

Porque o que están dicindo permanentemente desde o Banco de España e o Goberno galego é que unha vez saneado, NGB vai ser subastado, antes de finalizar o mes de setembro.

Polo tanto, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE insta a crear unha fronte común para que, “aínda que sexa público, este banco quede en Galicia”. Pachi Vázquez recrimina a Feijóo e á conselleira de Economía que insistan en dicir que NGB é Galego, porque “xa non o é, é público, do Banco de España” e agora o que hai que loitar é “porque se quede en Galicia, que responda como elemento de financiamento das empresas e das familias, que non despida xente das propias entidades e se resolva a cruz das preferentes”.

Pachi Vázquez esixiu ao Goberno de España maior “clariade e transparencia” na xestión da crise, porque senón “parece que estamos a volver aos tempos de Franco en que tiñamos que recorrer á prensa estranxeira para enterarnos do que sucede aquí”.

Estamos vivindo un momento “moi dramático”, definiu o dirixente socialista, e “tanto os gobernantes de Galicia como de España non están a dar a altura” que se necesita nestas circunstancias.

O líder dos socialistas galegos cualificou o actual como “o peor momento para Galicia, que eu recorde”. Neste momento fan falta políticos e partidos “mais fortes”, que sexan quen de dicir “algo máis que o outro o fai peor”, dixo en referencia ao modo de Gobernar de Núñez Feijóo.

Os socialistas teñen propostas en materia de Economía, de nova fiscalidade, de emprego, de blindaxe das políticas sociais como a Sanidade, a Educación ou a Dependencia. Así o dixo en Radio Voz, o máximo responsable dos socialistas galegos, para afirmar a continuación que ten “ganas” de que a convocatoria de eleccións autonómicas sexa canto antes, porque ve un Goberno “aínda que ten maioría absoluta non está gobernando” e ten ao país “paralizado”.

Escoita a entrevista

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar