Pachi Vázquez propón unha consulta á militancia para o primeiro de xuño, previa ao Congreso Extraordinario do 6 de xullo

Pachi Vázquez propón unha consulta á militancia para o primeiro de xuño, previa ao Congreso Extraordinario do 6 de xullo

Pachi Vázquez propón unha consulta á militancia para o primeiro de xuño, previa ao Congreso Extraordinario do 6 de xullo

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE propón o 11 de maio para o Comité Nacional que aprobe o baremo, a orden do día e as propostas para o Congreso Extraordinario

Salientou a necesidade de recuperar a senda de partido de goberno en Galicia, que ofreza unha alternativa ao PP e á Xunta de Feijóo, que definiu en tres palabras: paro, corrupción e engano ás galegas e galegos

Cree que tanto a consulta como o congreso son os revulsivos que necesita o PSdeG, que dará así resposta ao clamor dunha militancia que demanda más participación directa

O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, someteu á aprobación do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, máximo órgano entre congresos, un calendario consistente na celebración dun Comité Nacional o vindeiro 11 de maio, no que se sentarían as bases de participación no Congreso Extraordinario, que o PSdeG-PSOE delebraría o día 6 de xullo. Antes, tería lugar unha consulta á militancia sobre a persoa que debe liderar o partido desde a Secretaría Xeral.

Pachi Vázquez xustificou a súa proposta de folla de ruta para o PSdeG na necesidade de dar resposta á sociedade galega “que está a esperar unha reacción”. Pedíu un esforzo para, ao mesmo tempo, abordar a labor de oposición aos gobernos da dereita e construír unha alternativa de Goberno para devolver ao PSdeG pola senda “dun partido hexemónico de Goberno en Galicia”.

Referiuse aos “dramáticos” momentos que está a vivir a sociedade. O Goberno de Feijóo defínese en tres palabras, a xuízo de Vázquez: “paro, corrupción e engano do Goberno galego á sociedade”. “Galicia está no epicentro da corrupción” que asola a vida política galega e española. “A Gürtel nace en Galicia”, acusou o Secretario Xeral do PSdeG, “nace do PPdeG”. Mentres Rajoy non é capaz de nomear a Bárcenas, “Feijóo non é capaz de nomear a Pablo Crespo”, reprochoulle o dirixente socialista ao mandatario galego ao que esixíu que compareza no Parlamento para explicar a trama de presunta corrupción investigada en Santiago e cesar nunha actitude que alimenta a desconfianza da sociedade na política.

Respecto ao paro, Pachi Vázquez recordou os 400 desempregados que se suman diariamente á lista do paro en Galicia, “aínda que o PP sigua negándose a recoñecer que somos a comunidade onde máis medra o desemprego”, dixo Pachi Vázquez.

En referencia ao engano aos galegos e ás galegas do PPdeG e do Goberno Feijóo, o máximo responsable do PSdeG-PSOE recordou, “no día en quese tiñan que celebrar as eleccións”, o Plan Eólico, ao que un decreto de Rajoy “tumbou 14.000 empregos e pechou empresas como a de As Somozas”, un proxecto que Feijóo vendera como o que ía convertir a Galicia na primeira potencia eólica, “quedou en fume”.

No mesmo capítulo de enganos e incumprimentos do Xefe do Executivo galego incluiu Pachi Vázquez “o escarnio e a burla” aos veciños de Ferrol polo dique flotante, e ao naval en xeral polos floteis de PEMEX para os que, “agora non hai contratos, nin siquera avais para participar nos concursos”. Citou tamén o peche de Santa Bárbara, o desmantelamento do sistema financeiro e o intento de acabar cos concellos de menos de 20.000 habitantes en mans das deputacións, “que salvo honrosas excepcións son niños de corrupción clientelar”.

PROPOSTA DESDE O ENTENDEMENTO CON FERRAZ

A proposta de recabar a opinión a todos os militantes do PSdeG sobre as propostas para Secretario ou Secretaria Xeral, acelebrar o 1 de xuño “entra nos Estatutos de Galicia e nos federais”, afirmou Pachi Vázquez.

Engarza co modelo de transparencia e calidade democrática que propugna a propia dirección federal socialista. Trátase, segundo definiu o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, dun mecanismo que facilita a participación en urna, directa e secreta de toda a militancia sobre o liderazgo do partido. Un medio de resposta ao “clamor da militancia” de participar na contrución do modelo futuro do partido.

Pachi Vázquez manifestou absoluta convicción no proceso proposto ó Comité Nacional, un modelo de participación “que acabarán facendo todas as federacións” do Partido Socialista.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Gonzalo Sánchez Vizcaíno
    Marzo 2, 2013 a 20:01

    ¡ENHORABUENA COMPÑEROS! Por fin un dirigente de nuestro partido se atreve a decir y a proponer lo que la INMENSA mayoría de los militantes pensamos, a dar voz a ese “clamor da militancia”. Soy un militante de La Zubia (Granada), he visto en directo la intervención de Pachi Vázquez y me ha encantado (bueno, repetía muchas veces lo de “compañeros, compañeros”, pero eso es lo de menos) ya que por primera vez en mucho tiempo he reconocido en la voz de un alto dirigente de nuestro partido la voz de la militancia de base. Por favor no os dejeis intimidar por Ferraz y seguid adelante porque servís de guía al resto de agrupaciones y federaciones de toda España.
    ANIMOS COMPAÑEROS, CONTAIS CON EL APOYO DE LAS BASES DEL PARTIDO!!

Deixar a resposta

Pechar