Pachi Vázquez propón un Plan de Emprego Feminino para dar traballo a 28.000 mulleres

Pachi Vázquez propón un Plan de Emprego Feminino para dar traballo a 28.000 mulleres

Pachi Vázquez propón un Plan de Emprego Feminino para dar traballo a 28.000 mulleres

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, propuxo hoxe un plan de emprego feminino para dar “traballo a 28.000 mulleres ao longo de toda a lexislatura”. Explicou que esta proposta serve para “atender a unha de catro mulleres que están actualmente no paro”, cun investimento de 60 millóns de euros anuais.

Ademais tamén propuxo a creación dunha nova figura a dos “inspectores de igualdade, co fin de reducir a brecha salarial entre homes e mulleres”. Advertiu que “non haberá nin unha soa empresa que reciba subvenciones si incumpre as leis de igualdade”, e resumiu que “non hai que inventar cousas novas, hai que aplicar as que temos”.

Nun acto sectorial con mulleres na cidade olívica, no que tamén participou a senadora Carmen Alborch, o alcalde de Vigo Abel Caballero, e as candidatas Julia López e Patricia Vilán. A senadora valenciana insistiu en que “hai que convencer a esa porcentaxe de persoas que aínda non decidiron o seu”, expuxo, e insistiu que “nós non temos nada que ver con moitos gobernantes do PP”.

Pachi Vázquez dixo que o Partido Socialista “é o partido da igualdade, somos os que tiramos polas políticas de igualdade”, pero advertiu “estamos vivindo un momento durísimo e non vale escribirlle cartas aos reis magos”. E aseverou que os “galegos e as galegas están cansados de enganos e de falsas promesas e desculpas”.

Nese senso, o líder socialista reclamou un “impulso final para lograr atraer aos desencantados e aos indecisos”, nos comicios do próximo 21 de outubro. Sobre as enquisas, asegurou que “unha ampla maioría de cidadáns quere un cambio, e un 40 por cento confésase indeciso á hora de votar”.

Por iso insistiu na súa mensaxe “a desilusión non cambia gobernos, só conduce á melancolía, e o que lle fai falta a este país é esperanza, ganas e confianza no futuro”. Afirmou que “si unha ampla maioría de Galicia quere cambiar este país imos cambialo”.

Becas contrato

Reiterou o seu compromiso coas mozas e mozos deste país que están no paro porque, dixo, “imos falar de emprego”. A este respecto, sinalou que do orzamento da Xunta, de 9 mil millóns de euros, destinará 39 millóns de euros a 25.000 becas contrato para mozos e mozas.

Preguntouse “cómo non imos poder dedicar esa cifra para a xuventude, para darlle unha oportunidade?”, e comprometeuse a traballar dende o primeiro día “para crear emprego de calidade, que é o problema que ten Galicia”, sinalou Pachi Vázquez.

Investir o 3% do orzamento en emprego

Demandou investir “o 3% do orzamento e poñelo ao servicio do maior problema do pais que é o paro”. Por iso tamén propuxo un programa para os 20.000 parados de longa duración “para darlles unha oportunidade para reintegralos en economía social durante os próximos 4 anos”, cun investimento de 45 millóns de euros anuais.

Dixo que esta contía supón 150 millóns de euros ao ano “e so fai falla vontade política para facelo”, e ironizou que “si pecharamos a Deputación de Pontevedra ou a de Ourense xa daba para todo esto”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar