Pachi Vázquez propón un novo modelo de reactivación económica e blindaxe das políticas sociais

Pachi Vázquez propón un novo modelo de reactivación económica e blindaxe das políticas sociais

Pachi Vázquez propón un novo modelo de reactivación económica e blindaxe das políticas sociais

O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, propuxo un “novo modelo de reactivación económica e blindaxe das políticas sociais” alternativo ao PP. Así o dixo logo da xuntanza do Grupo para preparar o Pleno que comeza mañá e no que utilizará a sesión de control para esixir a Feijóo que dea conta do fracaso do seu modelo económico.

O líder socialista dixo que o PP “está facéndolle moito dano a este país”, polo que o presidente da Xunta terá que “dar conta a Galicia das claves da macroeconomía, do porqué está como está”. Anunciou que “poremos enriba da mesa unha serie de propostas que lle demostren aos galegos e galegas que hai outro xeito de enfocar a vida económica de Galicia”.

Así, propuxo un modelo alternativo para darlle o “non á resignación, si á activación económica, non ao desemprego e si ás políticas activas de emprego”. Dixo que a reactivación económica debe estar centrada en “propostas concretas que demostren que non chega só cos recortes, senón que é posible facer incentivos económicos para xerar emprego e blindar a política social e a economía”.

Partido forte

En resposta ás preguntas dos xornalistas, Pachi Vázquez anunciou que o obxectivo do Congreso socialista da próxima fin de semana é “facer un partido forte para darlle unha alternativa a un PP que acusa o desgaste”. Advertiu que Feijóo ve cómo crece unha forte contestación social de galegos e galegas “defraudados” e vese obrigado a seguir a axenda política ma

rcada polos socialistas e falar de paro ou de “desmontar” os servizos sociais.

Os socialistas, dixo, deben dar resposta aos “centos de miles de galegos e galegas” que se ven defraudados polo goberno de Feijóo e “comezan a saír ás rúas para protestar pola situación da sanidade, do ensino, o naval ou os funcionarios”. Dixo que “levamos case tres anos aguantando os momentos mais difíciles e por fin se albisca que o PP é vulnerable en Galicia” coa cidadanía “esperando por unha alternativa forte do PSdeG”.

Augurou que o Congreso “vai saír ben” porque “os delegados nunca se equivocan” ao transmitir a opinión de 13.000 militantes distribuídos en 290 agrupacións, cun milleiro de concelleiros e concelleiras e ducias de alcaldes e deputados que emitirán a súa opinión a través de 480 delegados e delegadas.

Anunciou que hoxe perfilará a Ponencia Marco coas 2.700 emendas presentadas polas agrupacións, e terá unha xuntanza de alcaldes de pequenos concellos “para enfocar o modelo de política local na propia ponencia”.

Paixón

Pachi Vázquez presentou o seu proxecto centrado na “paixón de país, paixón de Galicia, paixón de militancia de base e paixón por aquelas cousas que son tan evidentes que o PP non está facendo e que xuntos as podemos facer”. Dixo así que os elementos troncais do futuro son as “propostas de reactivación económica, do sistema financeiro e de blindaxe das políticas sociais”.

Engadiu que a presentación dunha candidatura alternativa ten todo o “respecto, que é a única palabra que pode definir o noso Congreso”, e que demostra que “non somos o PP, que herda os partidos de pai a fillo”, senón “un partido democrático que debate entre os compañeiros con moito respecto”. Sinalou que “o único adversario é o PP e Feijóo” e subliñou que “sempre buscarei un proxecto integrador no que caibamos todos e todas”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar