Vázquez propón un imposto sobre a banca e gravar rendas altas para xerar ingresos e investir en emprego e sectores produtivos

Vázquez propón un imposto sobre a banca e gravar rendas altas para xerar ingresos e investir en emprego e sectores produtivos

Vázquez propón un imposto sobre a banca e gravar rendas altas para xerar ingresos e investir en emprego e sectores produtivos

I N T E R V E N C I Ó N

Celebramos este Debate sobre a política xeral de Galicia nun dos peores momentos da historia da nosa autonomía.

Estamos vivindo unha situación crítica, que afecta ao conxunto da cidadanía galega.

A angustia polo presente e a desesperanza ante o futuro, son os dous sentimentos máis xeneralizados neste momento entre as galegas e os galegos.
A nosa prioridade é a busca de solucións e alternativas que permitan paliar esta situación para ir mellorando as expectativas e incrementar a confianza da cidadanía nas institucións e nos seus representantes políticos.

Máis que nunca se nos esixe un esforzo adicional para acadar o consenso necesario sobre os principais problemas de Galicia, que son:

• O paro.
• A reactivación económica.
• E o mantemento dos servizos públicos básicos.

Temos a obriga de chegar a acordos que contribúan a resolver estes déficits, porque nesta situación extrema calquera outro posicionamento está condenado ao fracaso.

Neste sentido resulta relevante o balance desta lexislatura, en comparación co balance da anterior:

• Récord histórico do número de persoas no paro: 274.675.

Son case 68.000 persoas máis no paro.

Vostede pasará á historia como o presidente que destruíu máis emprego en Galicia.

Menor crecemento da nosa economía: No 2011, crecemos un 0,5%, dúas décimas menos que no conxunto do Estado. Mentres no 2008 o diferencial era de 8 décimas favorables a Galicia.

• E menos servizos públicos básicos: Este ano dedícase a sanidade, educación e acción social, 2.270 €/habitante; cando no 2009, se lle dedicaba 2.571 €/habitante.
Polo tanto, cada galega e galego dispuxo nos tres anos do seu goberno de 900 euros menos para a sanidade, educación e acción social.

Estes son datos obxectivos. Non hai comparación.

Sr. Presidente: ¿A ónde levou vostede a esta país?
Señorías, Sr. Feijóo:

Cúmprense tres años da súa chegada á Presidencia da Xunta.

O que para vostede será unha conmemoración, para Galicia é sen dúbida unha data triste.

Unha data que nos recorda desde cando carecemos dun proxecto de país.

Desde cando deixamos de crer na posibilidade dun futuro mellor.

Desde cando nos somerxemos nun goberno que nunca estivo á altura das circunstancias.

Un goberno que en vez de centrarse na resolución dos problemas e atender ás necesidades da cidadanía, dilapidou o tempo e os recursos en facer oposición, desmontar o que estaba feito e mirar cara atrás.

Este Debate é a oportunidade para cambiar de actitude e comezar a mirar cara adiante.

Suxírolles que, por primeira vez na lexislatura, se ocupen con prioridade dos problemas de Galicia e dos galegos.

Problemas que comezan pola desastrosa xestión económica destes últimos anos.

Non escondan a súa responsabilidade na crise económica xeral.
Galicia está sufrindo os embates da crise con maior dureza que outros territorios, incluso que algúns nos que o peso do sector da construción era moito maior.

Os galegos están en condicións de denuncialo por incumprimento de contrato.

O seu famoso contrato con Galicia, demostrou responder ao seu carácter insubstancial, puro márketing sen contido. En definitiva, un fraude.

Vostede, Sr. Feijóo, tiña hoxe a oportunidade de facer un balance de lexislatura, expoñendo os resultados e explicando os logros e os déficits.

Pero a súa intervención foi, coma sempre, unha fuxida cara adiante. Seguir prometendo máis para ver si así a xente esquece as súas anteriores promesas non cumpridas.

Tal actitude pode valer unha vez, ou dúas incluso, pero tres xa parece excesivo e denota con claridade a carencia de resultados positivos na súa xestión.

¿Cál é o balance económico da súa xestión?

Déixeme usar as conclusións do Servizo de Estudos do BBVA.

Na súa última análise da economía galega, no mes de Decembro, titula Galicia 2011 de máis a menos.

De novo, isto non é máis ca constatación do fracaso da súa política.

Isto non é unha teima da oposición, xa llo din desde fóra.

¿En qué quedaron os seus compromisos?

Temo que esta pregunta admite a mesma resposta dos anteriores debates sobre o estado da autonomía: en nada.

O seu compromiso coa creación do emprego sáldase cun espantoso fracaso que sume ás familias galegas na desesperanza.

O Paro no 2011 creceu o dobre en Galicia que en España. Un 14% fronte a un 7,9%.

Desde que é Presidente o ritmo interanual de destrución de emprego é superior ao que hai na economía española.

Desapareceron 13.300 empresarios con asalariados, o 16% dos que había, e 51.400 traballadores asalariados.

O número de persoas paradas aumentou en 68.000.

Igualmente resulta moi negativa a evolución da afiliación nos dous últimos anos.

Con vostede se baixou amplamente dun millón da cifra de afiliados á Seguridade Social.
Unha cifra récord que nos fai retroceder nove anos.

Se tivésemos os mesmos resultados que a media do Estado, en Galicia habería 20.000 afiliados máis.

O máis grave non é só que aumente o paro, o malo é que de cara ao futuro nunha análise polo miúdo das actividades económicas vese como en todas as consideradas estratéxicas para Galicia, nas que a Xunta debería ter un posicionamento claro e eficiente, teñen unha perda de emprego moi superior á media estatal.

Este diferencial amosa a ausencia dunha política económica eficaz, mesmo de calquera política máis aló da propaganda.

Un repaso sustenta claramente esta posición:

• A industria perdeu un 9,2 %, 13.806 empregos. Esta perda é 2,2 puntos superior á media estatal.
• O sector agrícola e gandeiro perdeu un de cada dez empregos, mentres a media de perda do Estado foi un de cada cen.
• No sector dos servizos, Galicia perdeu 1,1 puntos en relación coa media estatal.
o No conxunto deste sector, naqueles servizos que son competencia exclusiva da comunidade autónoma, a perda diferencial de empregos é de 3.475. Así:
o Na Sanidade e nos Servizos Sociais, fronte a un incremento medio do 7,9%, en Galicia soamente foi de 5,1 puntos. Co mesmo ritmo habería 2.165 afiliados máis.
o No ensino Galicia aumentou soamente 0,7 puntos en vez de medrar en 4,3 puntos como o fixo o Estado. Se medrara na mesma proporción teríamos 1.150 empregos máis.
o Un de cada dous postos perdidos por riba da media nos servizos, son responsabilidade directa deste goberno da Xunta.

Pero a súa ineficacia non só atinxe ás cifras de paro. Os que teñen a sorte de ter un traballo gañan en Galicia un salario que é, por termo medio, un 12% máis baixo que o dun traballador español (enquisa de estrutura salarial 2009).

A isto hai que engadir que a pensión media en Galicia é un 16% menor que en España.

Temos menos traballo e peor pagado. E cando nos retiramos seguimos peor tratados.

Un gran balance señor Feijóo.

A súa preocupación polo desemprego non deixa de ser pura retórica.

A loita contra o paro require dúas cosas: ideas e recursos.

Vostede reduciu os recursos e non ten ideas.

Este Debate é para falar dos principais problemas de Galicia.

O principal problema é o desemprego.

Vostede non lle dedicou a este problema nin cinco minutos.

Hai que poñer solucións. Anote:

Eu propóñolle xerar máis recursos para dedicarllos ao emprego.

Fágolle unha proposta concreta, baseada en tres eixos de actuación:

• Acción pública
• Nova fiscalidade
• Emprego

Estes son os eixos da nova economía de valor engadido que propoño.

Trátase de xerar ingresos, sen gravar as rendas medias e baixas e sen vulnerar o obxectivo de déficit, para destinalos á creación de emprego.

FISCALIDADE

Propoño a introdución de novos tipos nos tramos autonómicos do IRPF que graven con máis xustiza ás rendas máis altas.

Propoño a creación dun novo imposto sobre a banca, gravando os depósitos bancarios segundo o seu uso e rendibilidade e coa prohibición legal de transferir o custe do imposto aos clientes.

Propoño o incremento do imposto de patrimonio e a revisión do imposto de sucesións, que grave máis a quen máis reciba.

Isto iría na liña do presentado na nosa emenda aos orzamentos deste ano, e que acadaría unha recadación de preto de 200 millóns de euros.

Propoño o estudo de novas figuras impositivas para gravar os custes medioambientais das grandes areas de venda, da emisión de contaminantes á atmosfera, e do aproveitamento empresarial das augas, das terras e dos recursos naturais.

Aos recursos xerados por todos estes novos elementos fiscais, hai que engadirlle o menor pago derivado do aprazamento de 5 a 10 anos da liquidación do 2010, que sería duns 215 millóns de euros.

Con estes ingresos e coa reasignación eficiente dos recursos para políticas activas de emprego, a Xunta pode mobilizar ate 500 millóns de euros.

Eses 500 millóns irían integramente á creación directa de postos de traballo.

PLAN DE EMPREGO

Propoño crear 25.000 becas/contrato de formación para mozos e mozas. Estas becas/contrato, dun ano e duración e unha contía de 500 € mensuais, recibiríanse a cambio de traballo para a comunidade nos múltiples sectores e ámbitos de actividade da empresa pública galega.

Esta beca/contrato podería ser no seu caso compatible con calquera outras prestacións, contratos ou oportunidades laborais.

Unha segunda liña de actuación complementaria sería a conversión do IGAPE nunha axencia de crédito público.

Unha axencia que facilitaría préstamos directos e instantáneos a pemes e emprendedores, ate 50.000 euros a un 1% de interese simbólico.

Por último, crear uno fondo especial de 120 millóns de euros para a promoción do emprego, con tres liñas de actuación:

• Promoción da contratación de mozos e mozas en paro.
• Mantemento do emprego en sectores en dificultades.
• Promoción do emprego en economía social, en colaboración cos concellos.

Estas propostas son concretas, realistas e valentes, e abordan de fronte o fracaso do seu compromiso cos sectores produtivos.

Sectores produtivos como o eólico:

Empeñáronse en enredar no sector eólico e deixaron escapar un tren que dificilmente vai volver a parar.

A súa incapaz xestión do sector, enredando durante tres años cun concurso eólico cuxa potencia adxudicada debería de estar xa instalada, provocou que Galicia perda a súa posición de liderado.

¿Cánta potencia perderá Galicia coa moratoria ao desenvolvemento das enerxías renovables que o seu partido impuxo desde Madrid?

Xa llo digo Sr. Feijóo: Galicia perdeu os 14.000 empregos e os 6.000 millóns de euros de inversión.

Por que non se engane nin engane a ninguén, non van construírse os novos parques, nin van a desenvolverse os proxectos industriais asociados.

Algo semellante ocorreu co noso sector financeiro, unha nova mostra de que cando vostede e o seu goberno se poñen a enredar, conseguen que se materialice o peor resultado posible para Galicia.

Xeralmente vostede ponse de lado ante os problemas de Galicia, pero case é peor cando intenta facer algo.

Galicia contaba con tres entidades financeiras de tamaño mediano, entidades pegadas ao territorio, entidades con vínculos fortes coas empresas e as familias deste país.

A súa intervención neste asunto supuxo un cúmulo de despropósitos, e vostede é directamente responsable do proceso de bancarización que vai acabar coas nosas caixas.

Galicia é a única comunidade histórica que vai quedar sen entidade financeira propia, mantendo as caixas menos do 7% das acción de Novagalicia Bank.

Unha participación que fai inviable a obra social.

¿Ónde están os millóns de euros de indemnizacións millonarias que prometeu facer devolver aos exdirectivos das caixas?

E qué dicir do millón de euros do peto de todos os galegos que pagou a KPMG por dicir o que a vostede lle conviña.

Cánto botamos de menos ese millón de euros.

E a maiores segue sen dar resposta ao “corralito galego”.

Sr. Feijóo:

O resultado destes tres últimos anos en Galicia, exprésase con catro lamentacións:

• Debilitamento da economía.
• Paralización das infraestruturas.
• Desmantelamento dos servizos públicos.
• E perda de identidade.

Non hai unha soa iniciativa da Xunta nesta lexislatura da que se poida dicir algo positivo.

Repasemos a súa política e a súa acción de goberno destes últimos tres anos:

POLÍTICA TRIBUTARIA:

Pasouse de propoñer unha rebaixa do tramo autonómico do IRPF, que ía beneficiar especialmente a 600.000 galegos con rendas medias e baixas, a subir os impostos a todos os galegos sen excepción.

Unha suba, por certo, que xa se empezou a notar nas nóminas de febreiro, e que conta coa súa loubanza.

INFRAESTRUTURAS:

Pasou de pedir cada fin de semana unha reunión do Pacto do Obradoiro a dicir que falaremos en catro meses.

Co cambio de goberno en Madrid perdeu vostede toda a presa pola chegada do AVE.
Ningunha das infraestruturas previstas se executa, nin por asomo, en prazo:

Doulle algún exemplos notorios:
o Autovía da Costa da Morte: Obra licitada en varias ocasións cun escándalo maiúsculo ao pretender adxudicar esta concesión á oferta máis desvantaxosa e cun sobrecusto de 215 millóns de euros. Formalizado o contrato de concesión en xuño de 2011. 2 anos perdidos.

o Corredor Sarria – Monforte: horizonte 2013. 28 quilómetros de percorrido que deberían estar en funcionamento a finais do ano 2011. Está paralizada porque a Xunta non está asumindo o pago das certificacións ás empresas construtoras.

o VAC do Baixo Miño: Dos catro treitos que conforman os 38 quilómetros da actuación, dous deles deberían estar as obras rematadas. Variouse o trazado en Tomiño, cunha afectación drástica á marxe do río Miño.

En ningunha lexislatura se produciu un recorte máis drástico no investimento en obra pública:

No 2008, 1.210 millóns de euros. No 2009, 520 millóns. No 2010, 547. No 2011, 264.

Investiuse tanto no 2008 como nestes últimos tres anos xuntos.

Pasou vostede toda a lexislatura reprochando ao goberno central o retraso das infraestruturas estatais en Galicia, en especial do AVE.

Pero o investimento do Estado en Galicia nestes últimos catro anos foi de 4.500 mill

32641281A

Artigos relacionados

Pechar