Pachi Vázquez propón un acordo entre os tres principais partidos para blindar a sanidade, educación e dependencia

Pachi Vázquez propón un acordo entre os tres principais partidos para blindar a sanidade, educación e dependencia

Pachi Vázquez propón un acordo entre os tres principais partidos para blindar a sanidade, educación e dependencia

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, propúxolle a Feijóo un acordo entre os tres principais partidos políticos galegos para “blindar os servizos públicos básicos”. Así o dixo logo de advertir que o recorte dun mínimo de 16.500 millóns de euros anunciado por Rajoy suporá “restar entre 800 e 1.000 millóns en tódalas administracións galegas”.

Pachi Vázquez reclamou unha mesa de traballo a tres bandas “para blindar os servizos públicos básicos” e garantir asistencia sanitaria, educación e dependencia. Propuxo así un “acordo de responsabilidade” para “transmitir unha mensaxe aos galegos e galegas para que se preocupen de reactivar a economía e crear emprego” coa seguridade de que “nunca van ter problemas en sanidade e dependencia”.

Así, instou a poñer “negro sobre branco” un acordo que desbote o copago sanitario e farmacéutico e manteña as actuais prestacións, e afeoulle ao presidente da Xunta que se mova “na ambigüidade calculada de dicir unha cousa e facer outra”. Así, dixo que o Goberno galego “permanentemente fan declaracións que non se corresponden co que vemos nos orzamentos, nos que reduciron 500 millóns de euros en sanidade dende que Feijóo é presidente da Xunta.

Advertiu deste xeito que mentres rexeitan publicamente o copago pero revisan as prestacións farmacéuticas, e “din que hai asistencia universal mentres hai cidadáns que cando chegan non teñen tarxeta sanitaria”. Criticou tamén que “falen de exclusión por empadroamento ou poden chegar a falar incluso de cobrar polo mal uso da prestación sanitaria” ou fale de infraestruturas sanitarias que “están na súa imaxinación”.

Tamén reclamou que este acordo sirva para “desenganar aos 50.000 dependentes en listas de espera e dicir a verdade, para que non estean nunha espera interminable” e “responder por unha educación pública gratuíta e de calidade”.

Recorte e AVE

O líder dos socialistas galegos salientou que o anuncio de Rajoy de reducir 16.500 millóns de euros “ou máis” no gasto das administracións “significa que Galicia terá que afrontar en 2012 polo menos a resta de 800 ou 1.000 millóns de euros en tódalas administracións. Dixo que esta situación de “preocupación e incertidume” transmite “desconfianza e inseguridade” diante dun ano “tremendamente difícil para as administracións galegas”.

Apuntou que este recorte mesmo sería optimista de ter en conta “opinións como a de Funcas, que fala de recortes de ata 40.000 millóns de euros” en todo o Estado, o que “repercutiría dramaticamente nas contas de Galicia”.

Pachi Vázquez reclamou a Feijóo “unha alegría a esta Cámara e a toda Galicia” garantindo “que non van paralizar as licitacións e adxudicacións do AVE que está en marcha”. Así, reclamou que “lle esixa ao novo goberno o cumprimento do Pacto do Obradoiro coa mesma vehemencia e intensidade que o facía co outro goberno” ata hai apenas un mes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar