O PSdeG aproba a convocatoria de primarias para o 7 de setembro

O PSdeG aproba a convocatoria de primarias para o 7 de setembro

O PSdeG aproba a convocatoria de primarias para o 7 de setembro

O Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE aprobou hoxe por ampla maioría a convocatoria de eleccións primarias para escoller ao próximo secretario xeral o 7 de setembro. Este foi o resultado dun amplo debate sobre o documento para definir o proceso de consulta ás bases presentado pola Executiva e que se prolongou ata preto das 12 da noite.

A proposta recibiu finalmente o voto a favor de 131 membros e únicamente 8 en contra, mentres 71 membros optaron por absterse, na súa meirande por defender manter as datas para a consulta que aprobou o anterio Comité Nacional, sen agardar ao Comité Federal que dará no aval regulamentario ao proceso. Hoxe tamén foi acordado convocar o próximo Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE para o 29 de setembro.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, chamou previamente a realizar “unha verdadeira renovación do partido dende a base para sintonizar coa sociedade e recuperar a súa militancia”. Na súa intervención no Comité Nacional Galego asegurou que o proceso permitirá “gañar en cohesión e unidade” para “avanzar en democracia, participación, transparencia e cohesión”

O líder socialista propuxo realizar a consulta o 7 de setembro e convocar o Congreso Extraordinario o 29 de setembro, logo do Comité Federal que avale o regulamento para convocar a consulta á militancia. Advertiu que “os problemas reais de Galicia son os 300.000 parados e paradas, o sistema financeiro, o abandono do sector naval, do lácteo, ou o copago de comedores escolares e da sanidade pública

Intervención de Pachi Vázquez no Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE

Presidente;
Membros da Executiva;
Integrantes do Comité Nacional:
Compañeiras e compañeiros:

Celebramos esta reunión, que quero comezar facendo referencia ao gran drama que azouta a 300.000 galegos e galegas, a miles de familias nas que xa non entra un só euro, a un de cada dous mozos que non atopa traballo.

Os datos da Enquisa de Poboación Activa de onte son dramáticos para Galicia, donde nos últimos anos medrou o paro un 40% máis que en España, que nos obriga aos socialistas a traballar para facer un partido forte que dé alternativas a este país.

Facemos hoxe venres este Comité, a causa de que mañá sábado celébrase en Poio o Congreso das Xuventudes Socialistas, aos que dende aquí lles mando un cariñoso saúdo e o desexo de que saia todo ben para Galicia e para as Xuventudes.

Vou intentar ser o máis concreto posible.

Asistimos a un dos Comités Nacionais máis importantes dos últimos anos. Todos o son, pero este o é especialmente.

Un Comité Nacional que pode deixar unha fonda pegada na historia do noso partido, porque pode supoñer un cambio moi significativo no xeito de elixir ao próximo Secretario ou Secretaria Xeral.

Hoxe imos decidir se damos o paso definitivo para acadar o máximo grao de democracia, de participación directa da militancia e de transparencia na designación de quen vai a ter a responsabilidade de dirixir ao PSdeG os próximos catro anos.

Este foi o compromiso acadado polo último Comité Nacional, celebrado no mes de marzo, e hoxe dámoslle cumprimento, presentando o documento que regula a Consulta e o Congreso Extraordinario.

Neste documento levamos traballando moito tempo, intentando aunar o mandato do Comité Nacional, as opinións da militancia e dos órganos do partido, co obxectivo de que o procedemento conte cun gran consenso e cumpra cos nosos estatutos.

Cando se introducen cambios como os que nós queremos facer, sempre hai diferenzas de interpretación, pero dende o primeiro momento, intentamos sempre buscar acordos e consensuar todos os aspectos, para que no haxa ningún resquicio de dúbida.

Por isto, compañeiros e compañeiras, eu quero agradecer ante todos vós o apoio que nos manifestades, pero permitídeme que agradeza especialmente o esforzo da Comisión Executiva Federal pola súa comprensión da demanda deste Comité Nacional, propoñendo a convocatoria dunha Consulta para designar ao próximo Secretario Xeral.

Como xa sabedes, Ferraz anunciou un cambio de estatutos para propiciar a elección de secretarios xerais polo sistema de Primarias.

Este anuncio, compañeiras e compañeiros, é un triunfo da militancia socialista. Un triunfo no que o PSdeG e este Comité Nacional teñen a súa parte de contribución. Unha aportación importante, que temos que saber desenvolver.

Vemos o apoio de Federacións como Andalucía, Cataluña, Valencia e Madrid, entre outras, que tamén consideran a elección de secretarios xerais en Primarias como unha medida acertada.

Se todos os que estamos hoxe aquí en representación da totalidade da militancia, aceptamos o modelo proposto para a Consulta e o Congreso Extraordinario, estaremos sentando non só as bases dun novo proxecto para relanzar o partido, senón que estaremos iniciando un novo camiño para recuperar o pulo do socialismo galego e saír moi fortalecidos.

Neste senso, quero recordar que o apoio do 90% do Comité Nacional anterior, foi clave para sacar adiante a nosa proposta. A unidade é a nosa forza.

Un novo camiño que nos conduza a unha verdadeira renovación do partido dende a base, que é o que demanda a nosa militancia, e é o que necesitamos para sintonizar coa sociedade e recuperar a súa confianza.

Dende o PSdeG queremos dicirlle á cidadanía galega que podemos serlle máis útiles se avanzamos en democracia, en participación, en transparencia e en cohesión.

E este é o momento para facelo: con ganas, con ilusión, pero sobre todo coa vontade de que sexa a militancia quen decida co seu voto quen debe dirixir o novo proxecto socialista.

Un proxecto que ten dous piares:

Unha CONSULTA coa militancia, para designar co seu voto libre e segredo ao próximo Secretario ou Secretaria Xeral.
Un CONGRESO EXTRAORDINARIO, para ratificar esa designación, co apoio dos delegados e delegadas elixidos tamén co voto libre e segredo dos militantes.

Propoño a este Comité Nacional que tomemos o acordo de respectar a decisión da militancia para nomear Secretario ou Secretaria Xeral a quen obteña o maior número de votos na Consulta.

Este acordo implica que non haberá máis candidatura para Secretario ou Secretaria Xeral no Congreso, que a do gañador ou gañadora desta Consulta.

Isto supón que:

Haberá dúas votacións:

Unha para designar ao Secretario/a Xeral.
E outra para elixir aos delegados/as ao Congreso.

É un modelo sinxelo, democrático, participativo e absolutamente transparente:
Baséase en dous conceptos:

1. O Secretario ou Secretaria Xeral será designado/a mediante unha Consulta coa militancia, a través do seu voto libre e segredo, que se exercerá nas agrupacións.

Haberá unha papeleta dunha cor determinada para votar aos candidatos e candidatas que se tivesen presentado á Secretaría Xeral e que teñan o aval contrastado do 10% da militancia.

2. Os delegados e delegadas para o Congreso serán elixidos tamén mediante o voto libre e segredo da militancia, depositando na urna outra papeleta dunha cor diferente cos nomes das candidaturas que se presenten para delegados.

Ambas votacións celebraranse o mesmo día entre as 17,00 e as 21,00 h. en cada circunscrición electoral.

Esa mesma noite, tralo reconto, saberase quen vai ser o novo Secretario ou Secretaria Xeral, do mesmo xeito que se saberá quen serán os delegados e delegadas que o deberán ratificar no Congreso.

Con este modelo cumprimos o compromiso acadado no último Comité Nacional: cumprimos as expectativas da militancia e tamén cumprimos os estatutos do partido:

Hai Consulta para designar ao Secretario/a Xeral.
E hai Congreso para nomear formalmente, segundo os estatutos, ao Secretario/a Xeral, á nova dirección e demais órganos do partido.

Coido que esta proposta é a máis axeitada para satisfacer todas as sensibilidades do partido, para que todos nos sintamos partícipes deste proceso, e para levar a cabo unha auténtica renovación do PSdeG dende a base.

Xa non se trata só de incrementar a participación na designación dos cargos directivos, senón tamén de gañar en cohesión e unidade, que é algo que o noso partido necesita de xeito preferente.

Se todos asumimos que quen obteña o maior número de votos na Consulta á Secretaría Xeral vai ser apoiado non só pola totalidade dos delegados e delegadas do Congreso, senón pola totalidade da militancia, teremos dado un paso decisivo para recuperar tanto a confianza e ilusión da militan, como a credibilidade da cidadanía.

Este modelo vai precisamente nesa dirección: a de conseguir a unidade de todo o partido e polo tanto, na de saír moi fortalecidos deste proceso.

A cohesión e a unidade son requisitos esenciais para poder superar esta situación de estancamento na que nos atopamos e para gañar o futuro.

Quero garantir a máxima transparencia neste proceso, polo que anuncio que dedicarei todo o meu esforzo e traballo a promover a participación da militancia, a velar pola limpeza do proceso, e procurar que cando remate saia un partido renovado, fortalecido e unido para defender as nosas ideas, o noso proxecto e os dereitos de todas as galegas e galegos que están sendo aniquilados pola dereita.

É o momento de deixar a un lado as dúbidas e as indecisións con respecto ao noso futuro.

Para gañalo temos que abordalo con todas as consecuencias, cerrando un gran acordo sobre o modelo de designación do próximo Secretario ou Secretaria Xeral:

Trátase de aceptar o resultado da Consulta e apoiar ao gañador ou gañadora: candidatos, organización e militantes: todos.

Esta é basicamente a proposta que eu vos fago hoxe aquí co desexo de que sexa aceptada por este Comité Nacional, porque considero que este é un cambio significativo que vai marcar o futuro inmediato do PSdeG.

Un cambio necesario e urxente.

Necesario, urxente e con garantías, a Comisión Executiva Federal nos pide que, ademais de compartir a vontade de favorecer a máxima participación dos militantes, que remitamos o texto aprobado hoxe ao Comité Federal para o seu estudo, debate e posible aprobación. (maiores garantías).

Nos pide por último que as datas da Consulta e Congreso, sexan posteriores ao Comité Federal que se celebrará o 21 de xullo.

Todo isto garante que a Consulta e o Congreso van a ter o refrendo federal.
Hai un acordo sobre a nosa proposta, porque dentro de pouco máis dun ano, a celebración de Primarias para nomear aos Secretarios Xerais vai ser unha norma do partido, pero nós non podemos esperar tanto, xa que o queremos facer de inmediato, aticipándonos á reforma estatutaria.

En Galicia hai Congreso, no resto non.

Por iso, se vai facer unha excepción con Galicia, plantexando unha Consulta en vez de Primarias, pero que no fondo é o mesmo.

Para cumprir con este acordo, o documento que aprobemos hoxe aquí, debe ser trasladado pola Comisión Executiva Federal ao Comité Federal.

Este Comité, sen embargo, se celebrará no mes de xullo, e polo tanto, obriga necesariamente a retrasar dous meses as datas que tiñamos previstas para a celebración da Consulta e do Congreso, que eran o 1 de xuño e o 6 de xullo, respectivamente.

Por isto, eu quero someter hoxe a este Comité Nacional a seguinte proposta:

PROPOSTA

Aprobar este documento e celebrar co visto bo do Comité Federal a Consulta e o Congreso previstos nas seguintes datas:

CONSULTA: 7 de setembro de 2013
CONGRESO EXTRAORDINARIO: 29 de setembro do 2013.

Se estades de acordo comigo, creo que este leve retraso vale a pena con respecto á completa seguridade de que o noso procedemento é pioneiro no socialismo español e se desenvolverá con todos os parabéns normativos do partido.

Coido que o gran significado deste modelo que nós imos aplicar, merece por parte de todos o mínimo esforzo de boa vontade que supón esperar tan só dous meses para culminar o proceso.

Agradezo a vosa comprensión para que este mínimo retraso non enturbie o éxito deste proceso novidoso.

Para que a participación sexa plena, tamén propoño a este Comité que o Congreso conte con 750 delegados e delegadas en representación de toda a militancia.

É case o dobre que nos anteriores congresos e supón que cada delegado vai representar a uns 15 militantes.

Será a máxima representación na historia do noso partido nun Congreso.

Mirade:

A situación actual do Partido Socialista e a situación política de Galicia e de España requiren que tomemos decisións rápidas, innovadoras, realistas, e precisas.

O modelo de Consulta e Congreso que propoñemos dá resposta a estas catro cuestións e nos sitúan de novo no camiño dunha acción política máis efectiva.

Culminar con éxito este proceso supón reorganizar o noso funcionamento, o noso proxecto e as nosas iniciativas para acomodalas ao que a cidadanía está esperando de nós: unha alternativa política, económica e social ao PP.

Este é o obxectivo e este é o camiño.

Grazas

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar