Pachi Vázquez propón o estímulo ás iniciativas que dan valor engadido aos recursos e fixan poboación no medio rural

Pachi Vázquez propón o estímulo ás iniciativas que dan valor engadido aos recursos e fixan poboación no medio rural

Pachi Vázquez propón o estímulo ás iniciativas que dan valor engadido aos recursos e fixan poboación no medio rural

Visitou unha explotación en Forcarei con experiencias innovadoras no campo do aproveitamento forestal


Pachi Vázquez comprometeu a aposta dos socialistas polo Medio Rural e trázanse como obxectivo que o 10% viva dos recursos e das actividades económicas do rural, duplicando a poboación que o fai nestes momentos. Acusou a Feijóo de gobernar de costas ao Medio Rural, ao que onte mesmo anunciou máis recortes

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE acusa a Feijóo de ter unha obsesión por ser o campión do déficit ata o punto de pechar en setembro os presupostos de 2011. Esixe ao Presidente desculpas por enganar a Galicia e trampear as contas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, visitou unha explotación forestal innovadora na comarca de Terra de Montes. Desde alí, aproveitou para enviarlle unha mensaxe de esperanza e compromiso “ao país forestal de España”, á Galicia rural.

Considerou a Agrícola Terra de Montes como un exemplo de que “a xente con iniciativa e con ideas é capaz de sacar adiante ao noso país”. “Non hai ningún país no mundo que saia adiante se non aproveita o seu territorio”, afirmou.

Nas provincias do interior de Galicia o 67% é terreo forestal. Vemos como esmorecen as nosas aldeas sen ser capaces de darlle rendabilidade e sen poñer en marcha “o gran desafío de Galicia que é aproveitar as nosas materias primas e darlle valor engadido”, dixo.

Vivimos nun país que ten unha riqueza ambiental, forestal, agrícola e gandeira pero “fáltanos o apoio da Administración”, desde onde se debera estimular a iniciativa da xente e logo darlle apoio económico.

É posible vivir no Medio Rural, apostan os socialistas. Pachi Vázquez propuxo “poñer en produción o noso territorio e abordar con rigor a ruptura co minifundio”. Estimular persoas que son capaces de poñer en valor o aproveitamento de madeira e froitos silvestres, a biomasa ou a explotación de coutos micolóxicos e de caza, como sucede na explotación visitada polo líder socialista en Soutelo de Montes (Forcarei).

Para todas estas iniciativas “hai que poñer un goberno que empuxe”, aseverou. “O de Feijóo empuxa, pero para atrás”, dixo. Pachi Vázquez denunciou que o Executivo galego “acaba de facer público un recorte nas axudas ao rural, desde o sector gandeiro ata as axudas para fixar poboación.

Peor que iso aínda é que “non gasta os recursos que ten”, condena Pachi Vázquez. Feijóo “vive de costas ao noso rural”, acúsao o socialista e afirma dos populares que están “empeñados en que sexamos un país subsidiado, resignado".

Vázquez afirmou que para saír desta “crise maldita” hai que ser “máis realista”. A fórmula socialista pasa polo cambio da economía especulativa cara a economía produtiva.

“Se as nosas caixas en vez de especular no Levante houberan invertido en crear infraestruturas agrarias, maquinaria e en formación e en innovación, estríamos noutra situación”, asegurou. Non se trata tanto de conseguir máis recursos, senón de gastar ben os que temos, engadiu.

Os socialista trázanse como obxectivo que, polo menos un 10% da poboación de Galicia debe vivir de actividades propias do mundo rural, multiplicando por dous a actual cifra (en torno ao 5%). Para iso previamente hai que ordenar os sistemas produtivos, cantos poden vivir de cada sector, e non ter un país caótico.

Puxo como exemplo o Sur de Francia, onde “ser un agricultor e un orgullo para todos” e poñen en valor os seus produtos con autoestima. “Soño con unha Galicia que viva no mundo rural e do mundo rural”, afirma Vázquez, que lamenta que sempre se mirara o rural con un ton despectivo que debe ser eliminado.

O CAMPIÓN DO DÉFICIT DEBE PEDIR DESCULPAS

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, afirmou que Núñez Feijóo “lle debe unha desculpa ao Partido Socialista e a Galicia”, logo de ter recoñecido o seu Goberno que pechou o Orzamento de 2001 no mes de setembro.

Precisa desculparse o Presidente galego, segundo Vázquez, por “insultar”. Recrimínalle o líder dos socialistas galegos que o Xefe do Executivo lle tivera acusado de falta de madurez, cando “o que se ten demostrado e que é Feijóo o que ten un déficit de atención a este país e un déficit de verdade”.

Para Pachi Vázquez o máis importante é que Núñez Feijóo ten que pedir perdón a Galicia e a toda España “por enganalos”. Afea a Feijóo “ter presumido de controlar o déficit” cando en realidade falseaba as contas. “Se ti fas as contas da casa sumando os ingresos dos doce meses do ano e lle restas os de seis, estaste enganando a ti mesmo”, exemplificou o dirixente socialista.

Condenou a “obsesión polo déficit” de Núñez Feijóo e afirmou que “a xente non vive do déficit, vive de ter emprego, de que se active a economía”. Para Pachi Vázquez, a fixeza do “campión do déficit” polo control do mesmo, que lle levou incluso a “trampear as contas de Galicia” levoulle a enganarse a si mesmo e o que é peor, para os socialistas, a “enganar a Galicia”.

Os socialistas queren “políticas activas de crecemento, inversión nos sectores produtivos e sistema financeiro público”, salientou Vázquez que esixiu ao Presidente galego a “deixar de ir de foco en foco mediático” e se dedique “a gobernar este país, porque é posible sacalo adiante”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar