Pachi Vázquez amosa o seu apoio aos produtores do rural para superar o desequilibro territorial

Pachi Vázquez amosa o seu apoio aos produtores do rural para superar o desequilibro territorial

Pachi Vázquez amosa o seu apoio aos produtores do rural para superar o desequilibro territorial

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, amosou o seu “apoio ás economías produtivas no rural galego”. Nunha visita á vendima na Ribeira Sacra, presentou o programa socialista “para que os recursos naturais dignifiquen a vida, e estimular a potencia económica do agro polo camiño da calidade a través dos consellos reguladores das denominacións de orixe”.

Pachi Vázquez confirmou o compromiso dos socialistas coa Galicia interior e dixo que o goberno socialista “non se vai poñer de costas ao campo”. Sinaloulles aos galegos e galegas que viven no rural que un goberno socialista vai “pensar neles, lexislar, regular, escoitar e traballar en propostas que lles permitan a dignificación da súa vida”, nunha visita acompañado pola candidata socialista por Lugo, Concepción Burgo, e diversos cargos públicos e orgánicos.

Dixo que os socialistas “daremos a cara” á Galicia interior para superar o desequilibro territorial mentres o PP “que borrou, esqueceu a Galicia interior e acentuou o desequilibro” coa franxa atlántica”. Propuxo como obxectivo que o medio natural sexa constituído como un “espazo natural de convivencia e xere os recursos necesarios para vivir con dignidade”.

O responsable socialista explicou que un goberno socialista apoiará as actividades produtivas, como o sector vitícola, con plans sectoriais de competitividade e axudas á inernacionalización. A proposta socialista consiste en potenciar os Pactos Territoriais de Emprego para abrir novas oportunidades laborais dende o achegamento.

Ribeira Sacra

Pachi Vázquez visitou unha vendima na localidade de Doade e, a continuación, unha adega artesanal en Sober, no corazón da Ribeira Sacra que, dixo, “constitúe un dos espazos naturais mais fermosos de Galicia”. Engadiu que “combina o arte de elaborar viño co turismo e a vida en dignidade facendo do medio natural un espazo natural de convivencia”.

Presentou a Ribeira Sacra como “icona dos viños galegos” pola súa “aposta pola calidade e os valores engadidos combinando turismo, enoloxía, tradición, as rutas culturais do románico”. Dixo que esta comarca constitúe un “exemplo dunha oportunidade marabillosa para vivir e sacar adiante o país”.

Monforte

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, tamén visitou Monforte, onde se comprometeu a facer da sanidade pública gratuíta e de calidade “o eixo das política sociais” dun goberno socialista. Así o dixo na visita a Monforte, na que mantivo un encontro coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para reclamar que a comarca de Lemos manteña a súa área sanitaria.

O responsable socialista defendeu hoxe unha “saúde pública universal, gratuíta e de calidade”, mentres “a dereita ve na sanidade un elemento de ingresos”. Así o demostran as políticas de Feijóo e Rajoy dirixidas a “cobrar polos medicamentos, reducir prestacións sanitarias, persoal sanitario e desmantelar unha sanidade pública que é o orgullo de tódolos galegos e galegas”.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións antes dunha xuntanza coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, coa que “compartimos inquedanzas” diante da redución paulatina de sanitarios e prestacións, nomeadamente na comarca de Lemos. Sinalou que esta área sanitaria “leva catro anos sendo golpeada por insensibilidade de Goberno de Feijóo, empeñado en desmantelar as asistencias comarcais”.

Autonomía e recursos

O candidato socialista comprometeuse a que un goberno socialista garantirá que a área de Lemos “manteña a súa autonomía e recursos”, potenciando a medicina preventiva “onde cada cidadán tea cobertura sanitaria o mais preto posible da súa casa”, o que, dixo, “é de sentido común”.

Os socialistas galegos comprométense así, dixo, a reverter a situación provocada polo goberno de Feijóo durante a última lexislatura, na que o hospital comarcal “cada vez tivo menos prestacións”. Salientou a contestación social que tivo a redución da autonomía da área sanitaria, cunha comarca “concienciada nas súas reivindicacións para non depender tanto de Lugo e si dos propios recursos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar