Pachi Vázquez propón novos impostos á banca, grandes fortunas e patrimonios para destinalos a crear 45.000 empregos

Pachi Vázquez propón novos impostos á banca, grandes fortunas e patrimonios para destinalos a crear 45.000 empregos

Pachi Vázquez propón novos impostos á banca, grandes fortunas e patrimonios para destinalos a crear 45.000 empregos

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE participou xunto con outros dirixentes da Executiva na manifestación convocada por UGT e CC.OO. na Coruña para conmemorar o 1º de maio, que coincide co “momento máis dramático da economía galega

Responsabiliza a Feijóo de dirixir o “Goberno do paro”, e de que en Galicia 25.000 homes e mulleres perderan o emprego no último trimestre

Vázquez afirma que o camiño non son os recortes que marcan os gobernos de de Galicia, España e Alemaña, senón en medidas que impulsen o crecemento e a creación de emprego

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, participou este 1º de Maio na Manifestación convocada polas centrais UGT e CC.OO. na cidade da Coruña, que coincide co “momento máis dramático da economía galega” e cun Goberno popular que está “destrozando a economía”.

Vázquez definiu ao Executivo de Feijóo como “o Goberno do paro”, e lembrou o lonxe que quedan agora as palabras do presidente galego dicindo que remataría co desemprego en 45 días. Lonxe de acadar unha solución a realidade é, como recordou o líder dos socialistas galegos, o trimestre pasado 25.000 homes e mulleres de Galicia incrementaron a lista do desemprego, “ o dobre que no resto de España”. Ao longo do 2012, serán 60.000 desempregados máis os que incrementen estas listas.

Mentres, afirma Pachi Vázquez, o Goberno popular sigue empeñado en seguir a “senda do recorte que nos conduce a esta situación”.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE asegura que “o camiño é a reactivación económica e o crecemento”, políticas distintas ás que propón Alemaña, España ou Galicia.

Os socialistas propoñen un plan para xerar 45.000 novos empregos en Galicia, a través de mais ingresos, con unha nova fiscalidade, con impostos á banca, con impostos aos grandes patrimonios e ás rendas máis altas do IRPF. Insiste Pachi Vázquez en que “o camiño non é estrangular a economía galega como fai o Goberno galego”.

O máximo dirixente do PSdeG-PSOE dixo que o desexo dos socialistas galegos era estar hoxe a carón dos traballadores e traballadoras de Galicia “que están sufrindo nas súas carnes a reforma laboral máis inxusta que nunca se fixo en toda Europa”.

Mañá, continuou Vázquez, “seguiremos presentando iniciativas” no Parlamento propostas para activar a economía galega, para dinamizar as nosas empresas, e para conseguir que o sistema financeiro galego, que está “autenticamente na UVI”, volva inxectar crédito para activar a economía do país.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar