Pachi Vázquez propón derrogar a obriga aos gandeiros de implantar microchip ao gando salvaxe

Pachi Vázquez propón derrogar a obriga aos gandeiros de implantar microchip ao gando salvaxe

Pachi Vázquez propón derrogar a obriga aos gandeiros de implantar microchip ao gando salvaxe

O candidato socialista á Xunta de Galicia, Pachi Vázquez, comprometeuse a que, nos cen primeiros días de Goberno, derrogará o Decreto do 6 de xullo que obriga a implantar un microchip no gando salvaxe sen que se sexa obrigado pola Unión Europea. Resaltou ademais que esta axuda será efectiva para promover a instalación de peches perimetrais ou cercados.

Vázquez dixo en Gondomar que “implantaremos a opción que conte co respaldo do sector: microchip ou nitróxeno liquido”. O líder socialista mantivo un encontro cos gandeiros afectados por este Decreto, no que estiveron presentes a Secretaria de Economía da CENG e deputada, Carmen Gallego, o portavoz socialista de Gondomar, Francisco Ferreira xunto cos outros cargos socialistas.

A maiores o candidato socialista propuxo que a vixilancia e control dos animais mostrencos sexa competencia da consellería correspondente da Xunta, “sen cargar nos concellos esta responsabilidade e custe”, explicou.

Pachi Vázquez reclamou promover o “recoñecemento da actividade equina como un labor de conservación do monte galego, e os curros como unha manifestación do noso patrimonio cultural galego”.

O líder socialista lembrou que o pasado 22 de xuño visitou Gondomar para reunirse cos gandeiros co fin de analizar a situación. Por iso criticou o desleixo do Goberno de Feijoo, e denunciou que Feijoo obrigou “aos propietarios a asumir os 40 euros de cada microchip, e aos concellos a xestionar os équidos non identificados”, argumentou.

Dixo tamén que durante este verán na nosa Comunidade suspendéronse 6 curros como medida de presión pola aplicación desta norma. E subliñou que no período 2006-2009 houbo unha recuperación da actividade cabalar “froito das medidas de apoio ao silvopastoreo e gando mostrenco”, levadas a cabo polo anterior goberno.

Vázquez cualificou as decisións tomadas polo goberno de Feijoo, tanto coa normativa sanitaria, como agora con microchip, como a Lei de Montes, “como tremendamente negativas para o sector”.

Explicou que Galicia conta con 16 rapas das Bestas, e conta con perto de 50 curros cada ano, por iso insistiu “estamos falando dunha problemática do sector agrogandeiro pero tamén dunha debilidade para a nosa cultura como país”, remarcou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar