Pachi Vázquez propón a reforma profunda da administración local e denuncia que o abandono de Feijoo pode levar aos concellos á quebra

Pachi Vázquez propón a reforma profunda da administración local e  denuncia que o abandono de Feijoo pode levar aos concellos á quebra

Pachi Vázquez propón a reforma profunda da administración local e denuncia que o abandono de Feijoo pode levar aos concellos á quebra

O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, presentou a solicitude dunha comisión especial de traballo no Parlamento para “racionalizar, simplificar e facer máis eficiente a administración local”. Así os socialistas galegos dan “un paso adiante” cunha proposta “con vocación de consenso” na que todas as forzas políticas aporten“solucións reais á situación de asfixia e colapso financeiro que están a sufrir os concellos”.

Vázquez cualificou de “dramática” a situación que atravesan os concellos e advertiu de que “é posible que a finais de ano moitos cheguen á quebra técnica”. Sinalou que os concellos galegos deben ao redor de 1.800 millóns de euros e rematarán o ano cunha débeda estimada de 2.000 millóns.

Ante esta situación, dixo “é o momento de pasar aos feitos e buscar solucións, xa que están en risco os servizos básicos municipais dos cidadáns, xa que os concellos non poderán garantilos”.

Vázquez responsabilizou á Xunta xa que “non tomou en dous anos nin unha soa medida a favor dos concellos”. Pola contra, apuntou que “si tomou medidas que están a agravar a súa situación, ao incrementar o número de competencias impropias”. “Debido á deixadez de funcións do goberno galego, cada vez son máis as competencias que os concellos teñen que asumir”.

Advertiu que a estructura local actual é “dificilmente sostible”, xa que tan só sete concellos galegos teñen máis de 50.000 habitantes, mentres hai 198 con menos de 5.000 habitantes. “Para gobernar a 2.772.000 galegos e galegas temos 475 entidades que autoconsumen unha parte importantísima de recursos”, engadiu, polo que considerou necesaria “a posta en marcha urxente de medidas de racionalización da administración local”.

Nesta liña, avogou por unha administración local “eficiente, cun financiamento obxectivo e finalista” mentres que o Goberno galego actualmente “está a ser absolutamente partidario na distribución de fondos aos concellos”.

O obxectivo pasa por conseguir “que os cidadáns, vivan no concello que vivan, teñan dereito ás mesmas prestacións” para o que é necesario “mancomunar recursos” e “incrementar o fondo local para que lle chegue diñeiro directamente aos concellos”.

Vázquez defendeu para elo a premisa de “unha administración, un servizo” xa que o sistema actual “duplica servizos, multiplica costes, e é cada vez menos eficiente”. “É necesario crear un modelo que incentive a unión de prestación de servizos e abordar en profundidade, senón a supresión, alomenos a reforma das deputacións, que non teñen viabilidade coas funcións actuais”.

O líder socialista fixo un chamamento ao consenso e pediu ao Goberno galego “que deixe de mirar para outro lado e de pasar de puntillas por este problema, porque está a levar aos cidadáns a un calexón sen saída”.

Feijóo enganou aos galegosSinalou que “o paro crece o doble que en España, mentres as afiliacións á seguridade social e o índice de producción industrial caen o dobre que no resto do Estado, e os datos do paro apuntan a que hai 77.000 desempregados en Galicia, dos que preto de 50.000 son do sector da industria”.

“Todo elo é responsabilidade de Feijóo, que non mira para os problemas de Galicia pero si inventa problemas onde non os hai, e que se dedica a confrontar co Goberno central”, afirmou. “Confrontacións que acabaron sempre en fracaso e coa Xunta facendo un ridículo espantoso”, afirmou, aludindo á postura do Goberno galego no Consello Interterritorial de Saúde e no CPFF.

Vázquez acusou directamente a Feijóo de “enganar aos galegos e galegas conscientemente, falseando os orzamentos do 2011, ao incluír partidas que sabía que non tiña”. Sinalou que no financiamento autonómico “a Galicia non lle sacan nada, porque xa non o tiña, e Feijóo o sabía, pero aínda así incluíu nos orzamentos 243 millóns que sabía que non percibiría”. “Non é máis que unha cortina de fume tras a que se oculta o Goberno galego para utilizala como coartada”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar