Pachi Vázquez propón a reforma do Estatuto como "instrumento útil para vencer á crise e blindar a educación e a sanidade públicas”

Pachi Vázquez propón a reforma  do Estatuto como "instrumento útil para vencer á crise e blindar a educación e a sanidade públicas”

Pachi Vázquez propón a reforma do Estatuto como "instrumento útil para vencer á crise e blindar a educación e a sanidade públicas”

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, presentou no pleno do Parlamento a proposta socialista para a reforma do Estatuto de Autonomía “como instrumento útil para vencer á crise” e “blindar a educación e a sanidade públicas”. A proposta foi rexeitada polo PP, mentres o líder socialista reprochou o “escaso apego a defender a autonomía de Galicia” amosado polo goberno galego.

Advertiu que “ou abrimos o proceso de reforma ou seguiremos tendo un Estatuto de segunda división por moitos anos mais”. Dixo que Galicia “precisa dun impulso” para “actualizar e modernizar o noso marco institucional”, definir “unhas áreas competenciais mais extensas e profundas”, “blindar” as políticas sociais, e garantir “suficiencia financeira que garanta a captación de recursos sen posibilidade de interpretacións erróneas”.

Pachi Vázquez presentou esta proposta “de consenso e acordo” baseada no debate celebrado na cámara autonómica durante a pasada lexislatura e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre o Estatuto de Cataluña. Sinalou así que esta “é a última oportunidade para que Galicia deixe de chegar tarde a case todo”.

O presidente do Grupo Socialista reclamou hoxe “promover o emprego e reactivar a economía, fortalecer o tecido produtivo e os sectores estratéxicos, conseguir que volva a fluír o crédito ás empresas e ás familias”.

Resumiu que os socialistas galegos presentaron hoxe un texto de reforma porque “si Galicia gaña, gañamos todos os galegos e as galegas” cun texto que garante “os recursos suficientes para aplicar as políticas necesarias para saír fortalecidos da crise e desenvolvernos para mellorar a calidade de vida”.

O líder dos socialistas galegos reclamou que esta reforma permita “blindar os Servizos Públicos esenciais, fundamentalmente a sanidade, a educación e a dependencia”, mentres permite corrixir o “déficit histórico das infraestruturas galegas” e actualizar a administración pública ao funcionamento do autogoberno.

Tamén apuntou a urxencia desta reforma “para garantir a posición de Galicia no contexto autonómico” e “mellorar a vida dos galegos e das galegas”. Lembrou que Galicia “perde pulo con respecto ao conxunto do Estado” polo aumento do paro “un 50 por cento mais que no conxunto de España, aínda sen ter en conta a cláusula S-698”, sendo a segunda autonomía “onde mais baixou a afiliación á Seguridade Social”.

Engadiu que Galicia “lidera os EREs de España” con 549 expedientes e 14.000 traballadores afectados, e é a segunda autonomía co peor Índice de Produción Industrial, triplicando a baixada da produción industrial en termos interanuais, e no que vai de ano “multiplicamos por seis a caída con respecto ao conxunto nacional”.

Falla de vontade política

O responsable socialista dixo que Feijóo “matou hoxe ao auténtico guieiro do desenvolvemento de Galicia” coa votación en contra da reforma, e lamentou que “perdamos hoxe outra oportunidade de crer en nós mesmos”.

Concluíu que “hoxe temos que poñer en evidencia que o principal inimigo da reforma do Estatuto chámase PP e chámase presidente da Xunta de Galicia, e o resto son desculpas de mal pagador”. Lamentou que “hai 5 anos non era o momento”, na lexislatura pasada tampouco e hoxe tamén votan en conta.

Pachi Vázquez criticou a “falla de vontade política” amosada polo PP e o Goberno galego, que, dixo, “non impulsa nin vai impulsar nunca a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia por un criterio ideolóxico do PP”. Acusou ao PP de usar a crise “para desmantelar o Estado social, para tumbar as políticas educativas, de sanidade, educación e dependencia e agora para tumbar a reforma do EA”.

Advertiu que o PSdeG foi o único partido que defendeu os estatutos de 1936 e 1981 e que defendeu a reforma do actual texto estatutario. Reprochou a Feijóo que “no goberno de Fraga non reformou o Estatuto, cando era oposición e un presidente socialista levou adiante as negociacións o PP bloqueouno”, tal e como fixo hoxe a pesares de que levaba a reforma no programa”.

Crise como parapeto

O líder dos socialistas galegos advertiu que “estase utilizando a crise actual como parapeto no que xustificar a defenestración da sociedade do benestar, da sanidade e a educación públicas, e abundou que “o problema non é a crise, senón o escaso apego a defender a autonomía de Galicia e loitar por situala no máximo nivel entre as comunidades autónomas españolas”.

Acusou a Feijóo de manter ao Estatuto “ancorado en 1981” e a Galicia “relegada a un segundo estrato” pola súa “inmobilidade” á hora de reformar o texto, como xa fixeron Valencia, Cataluña, Andalucía, Baleares, Aragón, Castela e León, Navarra e Estremadura.

O líder dos socialistas galegos sinalou que “aqueles que acordamos que foi necesario un cambio constitucional para loitar contra a crise, como o recentemente impulsado, estou seguro non poderemos argumentar que non sexa necesaria unha reforma do Estatuto pola conxuntura económica adversa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar