Pachi Vázquez propón a Feijóo unha fronte común e una voz única para que Goberno e Banco de España den a NGB o mesmo trato que a Bankia

Pachi Vázquez propón a Feijóo unha fronte común e una voz única para que Goberno e Banco de España den a NGB o mesmo trato que a Bankia

Pachi Vázquez propón a Feijóo unha fronte común e una voz única para que Goberno e Banco de España den a NGB o mesmo trato que a Bankia

O líder dos socialistas galegos anuncia que mañá mesmo lle remitirá ao presidente da Xunta unha carta coa sua proposta: “si hai diñeiro para sanear Bankia ten que habelo para sanear NCG e si Bankia non se subasta nin se trocea, NCG tampouco”

Anuncia unha proposta socialista de pacto polo crecemento, o emprego e os servizos púbilcos básicos que será debatida e elaborada conxuntamente cos axentes sociais e económicos co horizonte do 25 de xullo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, esixiulle ao presidente da Xunta que garanta “idéntico trato a NGB que a Bankia”. O líder dos socialistas galegos remitiralle mañá unha carta ao presidente da Xunta para pedirlle unha “fronte común” dende Galicia para evitar que dende o Goberno central e o Banco de España discriminen á entidade galega en relación á madrileña.

Pachi Vázquez dixo, logo da xuntanza da Comisión Permanente da Executiva, que “si hai unha solución singular para Bankia –en base a diñeiro público- tamén ten que habela para NGB”. Especificou que esta entidade, que lembrou que pertence ao Banco de España nun 93 por cento, debe recibir fondos públicos na mesma medida que a antiga Cajamadrid. “Si hai unha solución singular para o banco de Madrid ten que habela para NGB; si hai diñeiro para sanear Bankia, ten que habelo para sanear NGB”, engadiu.

O líder dos socialistas galegos criticou que o presidente da Xunta estea “desaparecido” fronte á delicada situación da entidade galega, e reclamoulle compromiso para acadar o apoio que dende o Goberno e o Banco de España conceden a Bankia. Dixo que NGB debe ter tamén “inxección económica, capital, garantir a súa pervivencia como banca pública e veremos cómo está a situación en 5 a 10 anos para recuperar os cartos”.

Puntualizou que a entidade galega merece “trato de igual a igual”, polo que “si non se subhasta nin se trocea Bankia tampouco NGB”, e reiterou o requerimento dos socialistas galegos para constituír unha Comisión de Investigación que determine as responsabilidades polo fracaso da fusión das entidades galegas.

O dobre obxectivo, explicou, é que a entidade poida comezar a funcionar de novo para financiar a economía galega garantindo liquidez ás empresas e ás familias que necesitan crédito e “solucionar dunha vez a situación xerada pola estafa das participacións preferentes” a milleiros de galegos e galegas que teñen os seus aforros paralizados.

Pacto

O secretario xeral do PSdeG-PSOE anunciou hoxe unha “proposta central” para acadar un “pacto galego polo crecemento económico, o emprego e os servizos públicos básicos”. Así o dixo logo dunha xuntanza do órgano directivo do partido na que por primeira vez participaron os novos secretarios provinciais de A Coruña e Lugo, Francisco Caamaño e José Manuel Besteiro, respectivamente.

Esta proposta vai dirixida, explicou, “ao corazón da crise en Galicia”, coa finalidade de sentar as bases para a recuperación económica e facer unha clara aposta polos sectores estratéxicos da economía galega. A iniciativa, artellada dende a Executiva autonómica do PSdeG-PSOE, será posta a debate dos axentes sociais e económicos de Galicia para a súa presentación final no horizonte do 25 de xullo. De feito, esta mesma semana, o xoves, manterá a primeira destas reunións de traballo, cos responsables das centrais sindicais.

Pachi Vázquez explicou que o cerne desta iniciativa pasa por acadar a toda costa a recuperación do emprego en Galicia, para o que inclúe propostas concretas, con sustento económico, para impulsar a contratación de 30.000 mozos e mozas, 50.000 parados e paradas de longa duración e a incorporación de 25.000 mulleres ao mercado laboral.

Engadiu que o Pacto polo Crecemento inclúe novas fontes de ingresos a través de medidas concretas para establecer un sistema fiscal xusto que “reparta a carga impositiva entre aqueles que mais teñen”. Pachi Vázquez propuxo ademais un sistema estable que acade mais eficiencia económica coa condición de blindar os servizos públicos galegos.

Esta “proposta de país” busca “sacar adiante a economía galega” fronte á “resignación” á que a teñen condenado as políticas restritivas de Feijóo e do seu goberno, que conseguiron que en Galicia “cando baixa o paro, baixa á metade que no resto do Estado, e cando sube, sube o dobre”. Aludiu así á escasa recuperación do mercado laboral de acordo cos últimos datos, que revelan que mentres no Estado cae o desemprego ao 0,6 por cento, en Galicia faino ao 0,3.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar