Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas para a recuperación do emprego

Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas para a recuperación do emprego

Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas para a recuperación do emprego

O candidato socialista á Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse a poñer en marcha unha nova liña de financiamento para os emprendedores, mediante a creación dun Instituto Público de Crédito e Finanzas que substitúa ao Igape, que demostrou “ser absolutamente inservible nestes catro anos”.

Esta foi unha das propostas que trasladou a empresarios e representantes sindicais do sector naval nunha xuntanza en Vigo, na que participou xunto ao alcalde da cidade, Abel Caballero, o eurodiputado Antolín Sánchez Presedo, e os candidatos pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, Carmen Gallego e Manel Gallego.

Este Instituto Público de Crédito e Finanzas atendería aos proxectos empresariais con capacidade de creación de emprego, con efecto multiplicador, ás empresas de alto potencial de crecemento e xeración de emprego, empresas con capacidade exportadora e ás que introduzan novas tecnoloxías; aplicable por tanto ao naval.

Tax lease
Pachi Vázquez trasladoulles aos representantes do naval o resultado das conversas que mantivo en Estrasburgo co comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que “abren a porta á entrada de solucións para desbloquear o tax lease”, algo que considerou imprescindible para o desenvolvemento deste sector “clave e estratéxico par o futuro de Galicia”.

Sinalou que hai “boas novas” cun principio de acordo por parte da Comisión Europea, pendente dunha última proposta do Goberno de España, pola vía dun sistema semellante ao francés, e que podería desbloquear a situación de xeito inmediato.

“Xa o balón está soamente no campo do Goberno galego e do Goberno do PP de Rajoy”, afirmou Pachi Vázquez, quen confirmou que este principio de acordo “está pendente de que o Goberno galego presione ao de Rajoy para desbrozar só os pequenos elementos que quedan por solucionar”.

Afirmou así que “hai posibilidades xurídicas claras e rotundas para que non haxa que devolver o anteriormente cobrado e para que se abra o escenario para unha nova fiscalidade, que é un elemento clave para o naval”.

“A situación do sector é crítica. En 2009 había 80 buques en construción nos estaleiros galegos, fronte aos 12 que hai hoxe”, sinalou, polo que “non podemos estar discutindo elementos menores”.

“Os Gobernos de Galicia e España teñen que botar o resto para pechar os matices que quedan pendentes. Si o fan, e posible darlle unha solución ao sector antes das eleccións”, afirmou.

Preguntado respecto ao acordo entre a Xunta e Pemex, Pachi Vázquez cualificouno como “unha boa nova”, aínda que “sobredimensionada electoralmente”. “Non se poden confundir 300 con 3.000 e xerar falsas expectativas, é un bo acordo, pero é claramente insuficiente”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar