Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia que conceda créditos a Pemes ao 1 por cento

Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia que conceda créditos a Pemes ao 1 por cento

Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia que conceda créditos a Pemes ao 1 por cento

Reclámalle a Feijóo que “deixe de ser o presidente do paro e do ataque á sanidade e a educación pública” e esixe que “tome decisións en políticas de emprego ou deixe paso a quen quere tomalas”

O líder socialista insiste na necesidade do cese do Valedor porque “xa non defende ao pobo”

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, propuxo a creación dun Instituto de Crédito e Finanzas de Galicia “que funcione como un banco público” cun orzamento de 400 millóns de euros para conceder créditos ás Pemes ao 1 por cento de interese. O líder socialista presentou esta proposta na sesión de control ao presidente da Xunta celebrada hoxe no Pleno do Parlamento.

Pachi Vázquez reclamou créditos para “milleiros de empresas que levan caído en Galicia” logo de constatar que o Igape permanece “paralizado, inutilizado, desprestixiado e non cumpre coas súas funcións” mentres reduce o seu financiamento nun 60 por cento.

O presidente da Xunta replicou á nova proposta do líder socialista anunciando, como fixo en 2009, 2010, 2011, e de novo fai uns meses, a creación dunha Axencia Tributaria galega que consiste no cambio de nome dun servizo da Consellería de Facenda.

O líder socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que “tome a decisión de gobernar e poñer en marcha financiamento para as Pemes e tome decisións en políticas activas de emprego ou deixe paso a quen quere tomalas”. Advertiu que, coas políticas de Feijóo, en tres anos pecharon 10.000 comercios e no último trimestre foron pechadas 600 empresas, mentres 3.500 autónomos se deron de baixa.

Sinalou que o modelo económico do PP “bloquea a economía de Galicia” situándoa nunha situación “dramática” ao estrangular o financiamento mentres renuncia a exercer as súas competencias en fomento e planificación da actividade económica e as institucións de crédito cooperativo, público e territorial.

O responsable socialista advertiu así que Feijóo está a seguir “o camiño equivocado” ao intentar “cargarlle a crise á sanidade e á educación públicas” coa “inestimable colaboración de quen tiña que defender os intereses dos cidadáns, que é o Valedor do Pobo”. Criticou que lles pareza “normal” retirarlle 10.000 millóns de euros á sanidade e á educación “para dárllelos á banca, que é a verdadeira culpable da crise económica”.

O líder dos socialistas galegos insistiu na necesidade do cese do Valedor logo de demostrar que “non defende ao pobo”, dixo que “se non, é vostede –Feijóo- quen ten que forzar a súa dimisión”.

O presidente do paro

Pachi Vázquez reclamoulle a Feijóo que “deixe de ser o presidente do paro porque Galicia necesita ao presidente do crecemento” e engadiu que “deixe de ser o presidente que ataque á sanidade e á educación públicas porque Galicia necesita do presidente que defenda aos servizos públicos”. Advertiu que “tres anos despois de anunciar que chegou o momento sucede que a vostede xa se lle pasou o momento”.

O líder socialista aludiu así aos datos do paro rexistrado en Galicia, que acadou un “novo récord histórico” con 277.644 persoas desempregadas, 40.000 mais que fai un ano, mentres o paro medra un 21 por cento mais que no resto do Estado e 82.800 fogares teñen a tódolos seus membros desempregados, un 20 por cento mais que fai un ano.

Ademais, no último trimestre perderon o seu emprego mais de 250 persoas cada día, cun total de 25.000 novos desempregados e desempregadas, e mesmo o último mes de abril foi o primeiro da historia no que medrou o paro en Galicia mentres en España descendeu en 6.000 persoas.

Apuntou que “moitos cidadáns consideran que xa é o momento de cambiar as políticas, deixar a parálise e apostar polas políticas de crecemento fronte ás políticas de recortes”, como sinala que o 80 por cento dos galegos e galegas consideran que a situación económica é “mala ou moi mala”, incluídos o 75 por cento dos votantes do PP nas pasadas autonómicas.

Mentres, dixo, Feijóo “pasou de afirmar que si gañaba Rajoy acabaríase a crise” a renegar del, e ironizou sinalando que “ao paso que vamos vai garantir que non sabe quén é Rajoy, que non o coñece que veremos cómo non quere saber nada del nin do PP”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar