Proposta "clara, concreta e rotunda" para reactivar a economía no Debate do Estado da Autonomía

Proposta "clara, concreta e rotunda" para reactivar a economía no Debate do Estado da Autonomía

Proposta "clara, concreta e rotunda" para reactivar a economía no Debate do Estado da Autonomía

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visitou esta mañá a mesa informativa sobre a reforma laboral que Xuventudes Socialistas de Ourense ten instalada no día de hoxe na rúa do Paseo desta cidade.

A este respecto, o líder dos socialistas galegos dixo que se trata dunha reforma creada exclusivamente para abaratar o despido e agravar o problema do noso país, fronte á que os socialistas presentarán no debate do Estado de Autonomía o vindeiro martes “unha proposta concreta, rotunda, clara e medida para reactivar a economía galega e xenerar emprego”.

“Estamos en récord histórico de parados, 271.000 homes e mulleres en desemprego”, dixo, cifra que aumentará en 30.000 persoas máis polas políticas de Feijóo.

Vázquez apuntou que hai 27.000 licenciados universitarios en paro, e preto dun 40% de paro xuvenil, polo que “este país necesita políticas de reactivación económica, que dinamicen o noso tecido empresarial e que lle dean ilusión á xente”.

alizing For Profits'>Socializing For Profits

“O Goberno de Feijóo pasará á historia por destruír máis emprego na historia democrática deste país”, aseverou, cando Feijóo dicía que o amañaría en 45 días.

Preguntado polo Congreso que se celebrará a vindeira semana, Vázquez dixo que se presenta cun “proxecto para Galicia”, para “un partido forte, socialdemócrata, galeguista e con vocación de gañar” as próximas eleccións autonómicas “ao peor presidente da historia de Galicia”, un presidente co que os galegos perderon dereitos, aumentaron as cifras do paro e que destrozou o sistema financeiro de Galicia. “Un proxecto de partido para dar unha alternativa a Galicia”, engadiu.

Ademais afirmou que o Congreso o ganan os militantes de base e os delegados, e dixo querer construír un partido de abaixo arriba, que se basee na fortaleza das 315 agrupacións socialistas de Galicia.

Sobre a posibilidade doutras candidaturas sinalou que “vamos a ter un Congreso do que sairemos moi fortes para dar a batalla ao único rival que recoñezo, que é Alberto Núñez Feijóo, o Partido Popular, o resto son compañeiros aos que respecto fagan o que fagan”.

Por último, confirmou que agora se presenta á elección de secretario Xeral do PSdeG, e no seu momento haberá primarias “transparentes, abertas e amplas” para a elección de candidato á Xunta de Galicia.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar