Pachi Vázquez presenta unha alternativa para evidenciar que o engano ao que nos someteron Feijóo e Rajoy é reversible

Pachi Vázquez presenta unha alternativa para evidenciar que o engano ao que nos someteron Feijóo e Rajoy é reversible

Pachi Vázquez presenta unha alternativa para evidenciar que o engano ao que nos someteron Feijóo e Rajoy é reversible

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, presentou a “alternativa política socialista” dirixida a “evidenciar que o engano e o sufrimento ao que nos teñen sometido de Rajoy e Feijóo é reversible”. Así o dixo logo dunha serie de xuntanzas cos deputados no Congreso e senadores socialistas e cos alcaldes e representantes públicos e orgánicos nos entes provinciais e municipais, xunto co secretario de Organización do PSOE, Óscar López.

Deu o pistoletazo de saída á “mobilización total” do PSdeG-PSOE fronte a un “goberno do PP desnortado e un candidato Feijóo que pensa só en salvar aos seus compoñentes”. Dixo que Feijóo atópase preocupado de “colocar aos membros do seu goberno fronte á posibilidade dun goberno de alternancia”, logo de presentar hoxe unhas candidaturas nas que inclúen a tódolos conselleiros salvo Rocío Mosquera.

Os socialistas poñerán á súa maquinaria “coa máxima tensión” para “mobilizar a tódolos sectores co único obxectivo de consolidar un goberno alternativo de progreso mentres ao PP e a Feijóo non lles queda alternativa nin propostas” e permanecen “ausentes” para os principais sectores produtivos.

Vázquez anunciou unha campaña “intensa, respectuosa, de futuro, sen medidas curtopracistas” dirixida a demostrar que “desta crise non se sae facendo ás vítimas culpables”.

Actos

O candidato socialista anunciou que esta serie de actos comezará mañá sábado coa presentación das candidaturas socialistas ás eleccións autonómicas, e a continuación viaxará a Arxentina e Uruguai para coñecer de primeira man as necesidades da colectividade galega no exterior mentres o partido comeza a mobilización en tódalas comarcas das catro provincias galegas.

Así, os cabezas de lista polas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra estarán acompañados por Trinidad Jiménez, Miguel Fidalgo, Antonio Hernando e Jesús Caldera, entre outros. Mentres, o secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, e a secretaria de Medio Rural, Ana Doval, manterán en Andorra distintas reunións con galegos residentes naquel país.

Deste xeito, o cabeza de lista por A Coruña, Francisco Álvarez, percorrerá a feira de Paisoaco, en A Laracha, e estará acompañado por María Torres e Estrella Ferreiro Vázquez, números 9 e 16 respectivamente na lista desta provincia.

Posteriormente, Francisco Caamaño dirixirase a Ferrol, onde, xunto coa candidata número 3 por esta provincia, Beatriz Sestayo, e co candidato número 10 desta lista, José Miguel Alonso Pumar, visitarán a feira Muelle de Curuxeiras.

En Betanzos, participará nun xantar de traballo con alcaldes, portavoces e militantes da comarca. Xa pola tarde, Francisco Caamaño viaxará a Santiago de Compostela para presentar a candidatura da comarca de Santiago na Confederación Gallega de Personas Discapacitadas (COGAMI). Neste acto, estará acompañado polo candidato número 4 por A Coruña, José Antonio Sánchez Bugallo.

Na provincia luguesa, a candidata número un por esta provincia, Concepción Burgo, percorrerá a feira de gando vacún de Pedrafita, unha das máis importantes de España. Durante a visita, estará acompañada polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e os alcaldes de Lugo, José Clemente López Orozco, e Pedrafita, José Luis Raposo. Pola tarde, desprazaranse xunto co número sete, Horacio Rouco, a Chantada para manter unha xuntanza con socios de cooperativas agrarias, gandeiros e veterinarios.

Ourense e Pontevedra

En Ourense, a candidatura encabezada pola número 2 por esta provincia, María Quintas, visitará O Barco de Valdeorras, onde presenciará a saída da etapa da Volta Ciclista a Galicia. De seguido, percorrerán o malecón e participarán nunha xuntanza con veciños.

En A Mezquita, a candidatura pola provincia de Ourense participará nun xantar de traballo con militantes e veciños da comarca. Posteriormente, chegarán a Amoeiro para reunirse con veciños na Casa da Cultura e a última hora da tarde, en Ribadavia, participarán nun acto na sede do PSdeG-PSOE.

Na provincia de Pontevedra, o cabeza de lista por Pontevedra, Abel Losada, realizará un percorrido pola cidade de Pontevedra. En Moraña, participará nun xantar de traballo con militantes e candidatos da comarca e, pola trade, en Bueu, xunto con Carmen Gallego, candidata número catro por Pontevedra, manterán un encontro con mariñeiros e pensionistas do mar e en Mos, participará nun coloquio no Pazo dos Marqueses.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar