Pachi Vázquez presenta "un proxecto de cambio comprometido coa Galicia do benestar e da igualdade"

Pachi Vázquez presenta "un proxecto de cambio comprometido coa Galicia do benestar e da igualdade"

Pachi Vázquez presenta "un proxecto de cambio comprometido coa Galicia do benestar e da igualdade"

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, defendeu “un proxecto de cambio comprometido coa Galicia do benestar e da igualdade”. Así o dixo nunha intervención no Forum Nueva Economía, celebrado hoxe en Madrid, e no que foi presentado polo secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba.

O responsable socialista plantexou hoxe “tres grandes acordos sobre cuestión esenciais a fin de buscar unha saída xusta da crise que non implique a merma de dereitos laborais nin recortes en educación ou sanidade”.

Explicou que este triple acordo inclúe unha parte de carácter social “que evite o retroceso en dereitos laborais”, outro institucional que impida os recortes en sanidade e educación e outro político “para buscar unha saída xusta da crise por exemplo que non sexa perdoando aos grandes defraudadores”.

Vázquez explicou que o programa socialista baséase nos piares da creación de emprego, o crecemento, a blindaxe dos servizos públicos básicos, a sanidade e a educación, e a xeración de mais recursos, cunha nova fiscalidade mais progresiva.

O candidato socialista explicou que a alternativa de Feijóo e Rajoy é “impostos mais altos e salarios mais baixos con moito desemprego”, e engadiu que “sen crecemento non hai traballo, só mais pobreza”. Explicou que “para que volvan o crédito fai falta diñeiro, pero tamén unha actividade produtiva san e un novo modelo económico alternativo ao ladrillo que nin Galicia nin España teñen”.

Explicou que cunha fiscalidade mais xusta, para que paguen mais os que mais teñen, e dixo que “cos recursos xerados por esta nova fiscalidade e cun aforro importante en gastos públicos innecesarios ou prescindibles, estaremos en condicións de xerar ata 300 millóns de euros adicionais, que vamos dedicar exclusivamente a crear emprego e evitar que haxa hospitais sen médicos e escolas sen profesores”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar