Pachi Vázquez presenta aos sindicatos o Pacto polo Crecemento para que Galicia abandone a rendición ante o paro e a recesión

Pachi Vázquez presenta aos sindicatos o Pacto polo Crecemento para que Galicia abandone a rendición ante o paro e a recesión

Pachi Vázquez presenta aos sindicatos o Pacto polo Crecemento para que Galicia abandone a rendición ante o paro e a recesión

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE reuniuse coas delegacións dos sindicatos UGT-Galicia e CC.OO.-Galicia encabezadas polos seus secretarios xerais, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión

Acusa a Feijó o de estar escondido do debate financeiro en Galicia e de permanecer alleo aos verdadeiros problemas do país

Reprocha ao PP ter atopado en Bruxelas un novo lugar onde levar os problemas agora que non poden culpar a Madrid

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de manifestar a súa satisfacción logo dunha reunión de traballo na que os socialistas presentaron o Pacto polo Crecemento, o emprego e a blindaxe das políticas sociais. “Unha proposta para facer unha Galicia distinta, na que cada día creemos máis”, afirmou Pachi Vázquez, que non dubidou en agradecer ás centrais que “compartan con nós a evidencia de que o que pasa en Galicia e en España non é un problema de déficit é un problema de débeda, e para pagala fai falta emprego, crecemento e recursos económicos para satisfacer todo o que debemos”.

A débeda de empresas públicas en España se pode controlar co déficit, pero saben representa unha mínima parte, a maior parte procede do sistema financeiro, as empresas e as familias.

Os socialistas poñen enriba da mesa “unha proposta para que Galicia abandone esa situación de rendición ante o crecemento e a creación de emprego”, aseverou Vázquez para o que o documento resulta tamén un elemento de explicación de por que, con Feijóo á cabeza, en Galicia medra o paro 3 veces máis que en España, a recesión e maior, os limiares da pobreza soben máis e a produción industrial cae máis que en España. A conclusión que tira o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE é que “Feijóo está levando a Galicia polo camiño equivocado”.

Recrimina o ma´ximo dirixente dos socialistas galegos a Rajoy e a Feijóo que, “por moito que controlemos o déficit nunca conseguiremos pagar a nosa débeda se non apostamos por crear emprego, reactivar a economía e por políticas de crecemento”.

A proposta debatida hoxe cos sindicatos ven falar de “en torno a 100.000 postos de traballo que hai que construír”. O cerne da iniciativa presentada hoxe aos sindicatos pasa por acadar a toda costa a recuperación do emprego en Galicia, para o que inclúe propostas concretas, con sustento económico, para impulsar a contratación de 30.000 mozos e mozas, 50.000 parados e paradas de longa duración e a incorporación de 25.000 mulleres ao mercado laboral.

Engadiu que “non nos pode tremer a voz cando falamos de emprego público”. Pois este dinamiza, crea economía e sobre todo ten que actuar como elemento tractor. “É incomprensible que esteamos despedindo a aqueles que xeran as políticas activas de emprego en todos os concellos, cando o que máis necesita Galicia é emprego” afirmou.

Contrasta esta iniciativa socialista con un “goberno desnortado”. Un presidente que o líder dos socialistas galegos se pregunta “onde está nestes últimos 7 ou 10 días”. Acusa a Feijóo de “estar escondido” ante os grandes problemas de Galicia. Mentres se está a xogar a maior en España, que é o sistema financeiro, Feijóo está escondido á hora de falar do sistema financeiro galego”. Pregunta Vázquez sobre o que vai pasar con NGB, coa obra social de esta entidade, co sistema bancario, coa lei de caixas.

“Non damos sacado adiante este país se non apuntalamos e facemos solvente o sistema financeiro galego”, afirma o líder do PSdeG-PSOE. Pero Feijóo segue calado. “Os socialistas seguimos traballando na proposta dun pacto polo crecemento, o emprego e a blindaxe das Políticas Sociais”, salientou Vázquez.

Mentres, o PP descobre Bruxelas. “O novo lugar a onde mandan agora os problemas, como antes era Madrid, con Zapatero e Rubalcaba, agora todos os problemas veñen de Bruxelas”, ironizou.

O PSdeG-PSOE está a facer propostas con rigor e responsabilidade, e puxo de exemplo o propio pacto presentado hoxe aso sindicatos ou o pacto polo monte galego e contra os lumes, presentado co gallo do Día do Medio Ambiente.

“Nós estamos convencidos en que poñendo en marcha este país podemos conseguir o que se está conseguindo xa en Francia e nalgúns landers alemáns”, augurou Vázquez.

O problema do axuste 10.000 M€ da Sanidade e Educación non é nada xa, cando se coñece a débeda de 3.000 billóns de euros que ten España ou que fan falta 80.000 millóns para só tres entidades. “O que parece inxusto é que os pensionistas e os estudantes teñan que pagar unha débeda da que non son culpables”, reprobou aos populares.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar