Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo "quén o amedrenta e por qué"

Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo "quén o amedrenta e por qué"

Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo "quén o amedrenta e por qué"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que as “malas compañías de Feijóo” e a situación xudicial do PP “teñen literalmente secuestrada a acción de goberno da Xunta”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, na que anunciou que Pachi Vázquez utilizará a sesión de control ao presidente para preguntarlle “quén o chantaxea e por qué”.

O líder dos socialistas galegos preguntaralle ao presidente da Xunta polas súas queixas diante dun suposto “intento de chantaxe e amedrentamento”, logo da publicación das súas imaxes co coñecido narcotraficante. O responsable socialista sinala que estas explicacións de Feijóo supoñen que “parece que hai algo mais” que unha “relación impropia, indecente e inmoral”.

Losada dixo que “Galicia non merece a imaxe de Feijóo” acompañado dun narcotraficante que o acompaña “onde queira que vaia”, en alusión á prensa mexicana que se refire á visita ao presidente de México titulando “Político vinculado con narco visita a Peña Nieto”. O responsable socialista advertiu que este é o “custe” da relación do presidente da Xunta co narco galego.

Explicou que esta relación e a situación xudicial do PP logo da imputación do ex presidente da Deputación de Ourense, as dúbidas sobre o posible financiamento irregular ou a súa vinculación coas operacións Orquestra e Campeón, “teñen secuestrada” a acción de goberno en Galicia.

Lamentou que a Xunta “nin está nin se lle espera” na defensa dos traballadores afectados pola crise do naval, da situación financeira de Pescanova, o ERE de Caramelo, ou na defensa do mexillón logo das dúbidas vertidas no mercado francés.

Losada criticou a negativa do PP á solicitude de comparecencia de Feijóo para dar conta das actuacións en defensa dos estafados polas participacións preferentes “logo da súa defensa dos empresarios que investiron 70 millóns de euros”. O Grupo popular tamén utilizou o rodillo parlamentario para impedir que a conselleira de Mar comparecera para dar conta da situación dos traballadores afectados pola crise de Pescanova.

Anunciou que os socialistas presentarán unha pregunta oral no próximo Pleno sobre o “culebrón dramático” dos supostos contratos con Pemex, logo de que despois do compromiso de Feijóo e dos anuncios de empezar coa construción dos floteis en xaneiro, logo da visita a México “nin sequera temos compromiso de financiamento”. Dixo que o único que ofrece Feijoó neste sentido é “engano e desprestixio”.

Pleno

Os socialistas galegos, explicou Losada, levarán ao próximo Pleno unha proposición non de Lei sobre o retraso na aplicación da reforma da Lei da CRTVG para continuar utilizando o ente politicamente, tal e como evidenciou na comparecencia de Feijóo sobre a súa relación con Marcial Dorado.

O próximo Pleno tamén incluirá unha proposición non de Lei na que os socialistas reclaman a publicación dos patrimonios dos altos cargos da Xunta, que o PP rexeitou logo de terse comprometido coa transparencia.

Losada tamén anunciou unha moción sobre a “redución brutal de fondos” para o Igape, que foi “voada polos aires” polo PP ao vinculala coa Operación Campeón e agora impedir a sinatura de créditos co BEI “para favorecer aos bancos”. Tamén será debatida unha moción sobre a desaparición do Plan Concertado dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Os socialistas galegos tamén levarán ao próximo Pleno unha interpelación sobre a Lei de Costas, que reduce a distancia de edificación e habilita a continuidade de Ence na Ría de Pontevedra. O portavoz socialista acusou ao PP de “tropezar dúas veces coa mesma pedra”, xa que “facilitan inflar novas burbullas inmobiliarias” demostrando unha “absoluta falla de respecto ao medio ambiente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar