Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo pola paralización das infraestruturas sanitarias de Galicia

Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo pola paralización das infraestruturas sanitarias de Galicia

Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo pola paralización das infraestruturas sanitarias de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, anunciou hoxe que o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, empregará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento para cuestionarlle a Feijoó que a imposición do modelo de financiamento público – privado nas infraestruturas sanitarias ten provocado a súa paralización.

Losada lembrou que a suposta eficiencia deste modelo imposto polo PP resulta “falsa empíricamente” por canto tanto o Hospital privado de Vigo como as ampliacións dos de Lugo, Ourense e o Salnés, ou os centros de saúde estanse a ver “ralentizados ou mesmo paralizados pola falla de financiamento das adxudicatarias”. Sinalou que evidencia a “estratexia falida na busca de oportunidades de negocio” pola dereita.

O próximo Pleno do Parlamento incluirá tamén unha interpelación sobre a imposición, de novo polo PP, do canon da auga, que supón “mais taxas e menos recursos para os cidadáns”, o que acentúa a “espiral de recesión económica”. Tamén será debatida unha moción sobre a supresión de liñas férreas no rural e unha proposición non de Lei conxunta en contra da reforma da Lei do aborto.

Emprego

O responsable socialista lamentou que o PP teña rexeitado unha vez mais a comparecencia de Feijóo para dar conta do fracaso das súas políticas de creación de emprego. Sinalou que estas políticas están a provocar que Galicia se achegue aos 300.000 desempregados, o que á súa vez reduce a cobertura de desemprego e acentúa o problema dos parados de longa duración.

Losada cualificou de “positivo” o dato da redución de 6.500 desempregados no mes de maio, si ben puntualizou que ao tempo os afiliados á Seguridade Social só teñan medrado en 3.200, en contra da tendencia habitual do crecemento dos afiliados por riba do descenso dos desempregados, como sucede no resto do Estado. Explicou que este dato responde a unha “fortísima emigración” de traballadores fora de Galicia.

O portavoz do Grupo Socialista alertou tamén da elevada temporalidade nos contratos novos que se están a rexistrar, e lembrou que a propia OIT vén de alertar de que a caída dos salarios non suporá unha redución do déficit. Lembrou ademais as palabras da propia Sáenz de Santamaría, quen dicía na oposición que “dicir que o paro baixa en abril, maio e xuño é como dicir que os días son mais longos e fai mais sol”.

Industria

Losada criticou tamén a negativa do PP a admitir a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta das axudas a Pescanova para reclamar “luz e taquígrafos” e que as axudas “sexan para preservar o emprego e non para encher os petos duns xestores cunha xestión cando menos discutible”.

O Pleno que comeza o próximo martes tamén incluirá unha Proposición non de Lei sobre o Plan de Minería do goberno galego, unha interpelación sobre a perda de músculo industrial de Galicia e unha pregunta oral sobre a saída de capital humano de mozos de alta cualificación de Galicia.

Finalmente, criticou que a incorporación da creación dunha Comisión de Seguimento sobre as políticas para a discapacidade, adiada na anterior Xunta de Portavoces por imposición do PP, coincida coa comparecencia da conselleira do ramo sobre o mesmo tema.

O parlamentario socialista criticou que o PP teña feito do Parlamento un “plató de televisión” para o lucimento da titular dunha Consellería que viu o seu orzamento recortado en 360 millóns de euros dende que goberna Feijóo, e que viu cómo Rajoy reducía o orzamento do Plan Concertado nun 65 por cento e a teleasistencia é “laminada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar