Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo pola "absoluta falla de transparencia" da Xunta

Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo pola "absoluta falla de transparencia" da Xunta

Pachi Vázquez preguntaralle a Feijóo pola "absoluta falla de transparencia" da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, explicou que o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, utilizará a sesión de control ao presidente do próximo Pleno para preguntarlle a Feijóo pola “falla absoluta de transparencia” da Xunta. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou hoxe a orde do día do Pleno da próxima semana.

O responsable socialista acusou a Feijóo de situar a Galicia “no medio dunha tormenta de area” para eludir dar conta da súa relación “inmoral, indecente e impropia” co narcotraficante Marcial Dorado. Denunciou a “imposibilidade absoluta de control ao goberno” por parte do Parlamento, nunha estratexia apoiada polo “papel nefasto dos medios públicos de comunicación como voceiros do PP”.

Losada situou a Feijóo “perdido no seu labirinto” de mentiras sobre a súa relación co narcotraficante ao que “primeiro non coñecía, logo non sabía ónde e cándo viaxaba” e do que agora non existe rastro nos arquivos do goberno galego. Criticou que o PP teña rexeitado a comparecencia do conselleiro de Presidencia para dar conta do tratamento e almacenamento da documentación por parte da Xunta.

Os socialistas esixiron a comparecencia de Rueda para explicar por qué o presidente dixo que os expedientes de contratación da Xunta con Marcial Dorado anteriores a 2003 foran destruídos, incumprindo a Lei de Patrimonio, e ao día seguinte o director xeral de Sanidade evitara presentar a documentación porque “era demasiada”. Reclamoulle ao goberno galego que explique “si hai ou non documentación, si é moita ou si a destruíron”.

Engadiu que a realidade é que Feijóo ten tendido un “labirinto de escuridade e mentiras para xustificar a súa inxustificable relación” cun narcotraficante nos anos 90, no peor da loita contra o mundo das drogas en Galicia. Acusou ao presidente da Xunta de “tapar os problemas dos galegos e galegas por unha tormenta de area levantada polo PP para tapar as súas vergoñas”.

Mercado laboral

Losada explicou que o próximo Pleno do Parlamento n

on poderá incluír unha comparecencia de Feijóo sobre a situación do mercado laboral ao ter sido rexeitada polo PP, si ben si que incorporará unha proposición non de Lei do PSdeG sobre as políticas contra a pobreza e a exclusión social do goberno galego.

Tamén será incluída unha proposición non de Lei sobre a paralización de investimentos produtivos polo goberno galego, e nomeadamente a Autovía da Costa da Morte, así como dúas preguntas sobre a situación de Conservas Cuca e a empresa T-Solar, vítimas do proceso de “desindustrialización brutal” de Galicia.

Tamén será incluída unha moción sobre a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva coa que o PP quere “poñer o aparato coercitivo do Estado ao servizo da moral católica” para impedir a interrupción voluntaria do embarazo. Tamén será debatida unha interpelación sobre a supresión de liñas ferroviarias en Galicia.

Finalmente, Losada instou ao PP a apoiar a iniciativa socialista para crear a Comisión non Permanente sobre a Discapacidade en Galicia, solicitada polo Cermi – Galicia, e que teñen bloqueado “cunha pirueta dialéctica coa que demostran que só están dispostos a aprobar algo si eles mesmos o asinan”. Lembroulle ao PP que “eles foron os únicos que se negaron a recibir aos representantes das persoas con discapacidade” no Parlamento.

Redución de deputados

En resposta ás preguntas dos xornalistas, o portavoz socialista cualificou a invitación a unha xuntanza por parte do PP para analizar a redución dos deputados de “carta aos Reis Magos” polo ser “unha tomadura de pelo”. Losada dixo que “non seremos cómplices de cortiñas de fume para agochar as vergoñas do goberno galego e do seu presidente”.

Explicou que esta iniciativa do PP utiliza a escusa da austeridade para agochar o “menoscabo á democracia” e unha estratexia de “recentralización brutal”. Dixo que o PP que defende a redución de deputados e dos seus salarios “é o mesmo que lles paga en sobres B porque cobran pouco”, o que gastou 40 millóns de euros en publicidade e propaganda e o que devolveu á Xunta 5,7 millóns de euros “aforrados polo Parlamento”.

Lembrou a proposta dos socialistas galegos de manter o número de deputados aforrando nos salarios. Criticou que o PP agocha así “un ataque aos servizos públicos porque é onde hai negocio, mentres menoscaban a representatividade parlamentaria porque así teñen as mans libres”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar