Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polas súas solucións diante da perda de impulso da economía galega

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polas súas solucións diante da perda de impulso da economía galega

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polas súas solucións diante da perda de impulso da economía galega

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, preguntará a Feijóo, na sesión de control do próximo Pleno do Parlamento, polas solucións da Xunta ante a perda de impulso da economía galega dende a súa chegada ao goberno en 2009. Así o anunciou hoxe o portavoz socialista Abel Losada logo da Xunta de Portavoces na que foi fixada a orde do día da sesión plenaria da próxima semana.

Losada sinalou que a caída sistemática da economía galega provoca unha continua perda de converxencia co resto do Estado, afastando progresivamente as respectivas taxas de crecemento. Lamentou que a única resposta por parte da Xunta teña sido o “inaudito cuestionamento dos datos do INE” xustificando un cambio metodolóxico “que non existe” aplicando a técnica de “todo vale para agochar as vergoñas da Xunta”.

Reclamou a Feijóo que “deixe de cuestionar os datos do INE e empece por plantexar políticas de reactivación económica” porque “xa non valen as maquillaxes”. Lembrou que a economía galega pasou de medrar por riba da media na pasada lexislatura a perder un 0,4 por cento con relación ao resto do Estado en 2011, co que a situación “é claramente peor” e empeora con cada dato coñecido.

Unha das principais consecuencias, explicou, é o crecemento constante do desemprego en Galicia, que de novo volve acadar, o dato mais alto da historia da autonomía, sumando xa 276.795 parados en Galicia. Engadiu que esta autonomía rexistrou a segunda maior caída da afiliación á Seguridade Social de tódalas comunidades autónomas.

Orzamentos

O responsable socialista criticou que o PP rexeitara a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta do impacto en Galicia dos orzamentos xerais do Estado para o ano 2012. Esixiulle a Feijóo que dea resposta por uns orzamentos “ineficaces para a reactivación económica e inxustos en termos sociais” ao incluír recortes das prestacións que incrementarán a fenda social.

Lamentou que a “medida estrela” sexa unha amnistía fiscal que “en realidade supón un blanqueo de diñeiro institucionalizado”, mentres recortan as partidas para industria, enerxía, desenvolvemento rural, dependencia ou fomento do emprego. Por este motivo sinalou que “Feijóo debe dar conta de cómo afectan os recortes á Comunidade Autónoma que el goberna”.

Diante da negativa do PP a aprobar esta comparecencia, os socialistas presentarán unha interpelación para que a Xunta dea conta do impacto dos orzamentos xerais do Estado en Galicia.

Criticou tamén o rexeitamento da solicitude de comparecencia da conselleira de Traballo para dar conta do impacto da folga xeral en Galicia logo de evidenciar que “seguimos acadando mes tras mes as maiores cifras de desemprego da historia de Galicia”.

AVE

Losada explicou que os socialistas presentarán dúas mocións no próximo Pleno para acadar o compromiso da Xunta de que o AVE chegue a Galicia en 2015 e para garantir axudas ao consumo de enerxía ás grandes empresas afincadas en Galicia, nomeadamente a Alcoa. Tamén presentarán dúas preguntas sobre a paralización do Parador de Muxía e a utilización da reforma laboral pola empresa Audasa para despedir aos seus traballadores.

O portavoz socialista salientou o “dobre discurso cínico dos recortes de Feijóo”, ao que os socialistas dedicarán unha batería de iniciativas no próximo Pleno, entre as que sinalou unha interpelación sobre a publicidade institucional do Goberno galego, ou unha pregunta oral polo “regalo de 5 millóns de euros” á empresa Brenntag en “compensación” pola contaminación ocasionada ao Umia.

O Pleno da próxima semana incluirá dúas proposicións non de Lei sobre os recortes do Plan de Prevención e Defensa contra os Lumes –Pladiga- logo do incendio das Fragas do Eume e para pedirlle á Xunta un estudo sobre a viabilidade e virtualidade do proceso de fusión de concellos, que cualificou de “espello mediático que non suporá aforro de custes nin mellora de servizos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar