Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola paralización e incapacidade das políticas económicas sectoriais da Xunta

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola paralización e incapacidade das políticas económicas sectoriais da Xunta

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola paralización e incapacidade das políticas económicas sectoriais da Xunta

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, preguntará no próximo Pleno do Parlamento pola “paralización e incapacidade” das políticas económicas sectoriais do goberno galego. Así o anunciou o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, logo da reunión da Xunta de Portavoces que aprobou a orde do día da próxima sesión plenaria.

A pregunta ao presidente centrarase no “uso axeitado das ferramentas de política económica” de que dispón o Goberno galego, na liña da petición formulada onte para que Feijóo adiante a substitución dos responsables de Educación, Sanidade, Emprego e Economía pola súa parálise e incompetencia.

Losada explicou que a iniciativa súmase ás emendas aos orzamentos, propostas de resolución, mocións, proposicións non de Lei e textos lexislativos presentados polos socialistas como iniciativas de impulso.

Lamentou que mentres o conselleiro de Presidencia onte reprochaba aos socialistas a ausencia de iniciativas en positivo “esquecía” que no debate do Plan Estratéxico da Xunta os socialistas presentaron mais de 300 propostas, foron aprobadas 91 e aínda non foi aplicada unha soa. Engadiu que o conselleiro tamén esquece a “oposición construtiva centrada nos audis e nas sillas” da lexislatura pasada.

Losada criticou a negativa do PP ás comparecencias dos conselleiros de Economía e Sanidade para explicar a desaparición da Xunta dun Plan Eólico que está a “alterar o marco do proceso” para rebaixar os prezos dos alugueres e beneficiar ás eléctricass. Dixo que mentres a conselleira de Sanidade rexeita comparecer para explicar a situación real do Sergas e qué parte da débeda anunciada por Feijóo corresponde a Galicia”.

Auditoría externa no Sergas

Os socialistas presentarán en materia de Sanidade unha Proposición non de Lei para avaliar as listas de espera cunha auditoría externa no Sergas, e unha Interpelación sobre a “externalización loxística” de licitacións por 98 millóns de euros. Tamén presentarán unha Proposición non de Lei en materia educativa polo peche de sete institutos nas cidades “aumentando a presión educativa e reducindo a calidade do ensino”.

Losada explicou que as iniciativas dos socialistas tamén se centrarán no falso aforro e austeridade da Xunta cunha Interpelación sobre a licitación da Autovía da Costa da Morte por mais de 160 millóns de euros de sobrecusto sobre a proposta inicial, e unha Pregunta Oral sobre a desaparición dos convenios de colaboración da Xunta cos concellos para a protección e limpeza dos núcleos urbanos.

Tamén preguntarán ao goberno galego polas medidas previstas diante do aumento e diversificación dos imputados polas denuncias contra os xestores de Sogama, así como “sobre a pertinencia do nomeamento da nova presidenta do Consello Económico e Social”.

Cospedal e o Valedor

O portavoz dos socialistas galegos lembrou que o Pleno comezará co debate do informe do Valedor do Pobo, que reflicte os recortes orzamentarios e de prestacións públicas adoptados por Feijóo. Dixo que diante destas conclusións “entendemos que Cospedal tente suprimir este tipo de institucións” como proposta para a súa presidencia en Castela – A Mancha.

Na próxima sesión plenaria tamén serán previsiblemente aprobadas dúas leis polo PP en materia de familia e convivencia educativa que “van retrotraer Galicia ao período do No – Do”, ámbalas dúas “impostas”, sen espazo para aprobar as emendas da oposición nin diálogo cos axentes sociais.

Tamén será presentado o debate de totalidade da Lei da Área Metropolitana de Vigo logo de que o PP anunciara o cambio “pola porta de atrás” do texto inicialmente presentado pola Xunta, desvirtuando a norma e “obrigándoos a que voten afirmativamente a emenda de devolución”.

Tamén será presentada para a súa toma en consideración a Proposición de Lei dos Medios Públicos de Galicia que “garante a súa independencia” e a elección do director por maioría cualificada do Parlamento. Dixo que “garante o carácter público” do ente e protexe e potencia a lingua galega.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar