Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola corrupción no PPdeG no próximo pleno do Parlamento

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola corrupción no PPdeG no próximo pleno do Parlamento

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo pola corrupción no PPdeG no próximo pleno do Parlamento

Abel Losada lembra que Feijóo comprometeuse a dar explicacións sobre a corrupción e advirte a súa “fuxida” do Parlamento logo de que o PP rexeitara a solicitude de comparecencia impulsada polos socialistas xunto con AGE e BNG

Os socialistas solicitarán a comparecencia do presidente da Xunta na Comisión de Investigación sobre a Corrupción

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, anunciou hoxe que Pachi Vázquez aproveitará a sesión de control ao presidente para preguntarlle a Feijóo polos casos de corrupción que está a rexistrar o PPdeG e o seu impacto nas condicións sociais, económicas e políticas de Galicia. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que o PP rexeitou a solicitude de comparecencia de Feijóo no próximo Pleno.

Losada lembrou que esta é a segunda vez consecutiva en que o PPdeG utiliza o seu rodillo parlamentario para amparar a “fuxida literal” de Feijóo a dar conta das súas responsabilidades como presidente da Xunta e do seu compromiso anunciado de “dar explicacións sobre a corrupción”. O responsable socialista lembrou unha coñecida canción de Edith Piaf para preguntarlle “onde e cando”.

Así, explicou que logo da negativa á solicitude de comparecencia conxunta presentada polos tres grupos da oposición a instancias dos socialistas galegos, que se suma á negativa a comparecer no pasado Pleno, os socialistas solicitarán a comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo sobre a corrupción que se inaugurará o próximo 14 de marzo no Parlamento.

O responsable socialista sinalou que Feijóo debe ofrecer explicacións, dar transparencia e afrontar as súas responsabilidades diante duns comportamentos que “afectan con casos moi graves” ao partido que el mesmo preside. Advertiu que, nun contexto de grave crise, este comportamento provoca o desapego da cidadanía da política nunha Comunidade Autónoma como Galicia, que liderou a caída de contratacións en febreiro.

Losada tamén lamentou a negativa do PP a constituír unha Comisión de Seguimento específica do proceso de arbitraxe dos afectados pola estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas en NGB. Advertiu que as vítimas desta estafa “carecen de interlocución” no goberno galego, polo que solicitará a súa inclusión no plan de traballo na Comisión de Investigación sobre as caixas galegas.

O portavoz socialista lamentou a “posición numantina deshumanizada do PP”, que “utilizou de forma espuria” unha arbitraxe “discrecional e opaca” na campaña electoral para “abandonar á súa sorte” aos afectados unha vez celebradas as eleccións autonómicas. Acusou a Feijóo e aos populares de provocar unha “perda da calidade democrática” coa súa actuación no Parlamento.

Iniciativas

Abel Losada explicou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha interpelación socialista sobre a sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do galego da Xunta para, dixo, “impoñer a ideoloxía do PP á legalidade”.

Tamén incluirá unha Proposición non de Lei para que a Xunta incorpore informes de impacto de xénero nos textos lexislativos. Neste sentido, respondeu ás declaracións do ministro de Interior sobre o risco do matrimonio homosexual para a pervivencia da especie humana que “no momento en que se apliquen políticas efectivas de conciliación e o impulso do mercado laboral feminino non haberá problemas de supervivencia para a especie humana”.

Os socialistas tamén solicitaron a comparecencia da conselleira de Facenda para dar conta do desvío nas previsións económicas do goberno galego, que foi rexeitada polo PP. criticou o “cinismo político” da secretaria de Estado de Facenda e ex conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, que onte se amosaba “ofendida” polas dúbidas sobre o déficit, “precisamente ela que escaqueou 411 millóns de euros de déficit dos orzamentos da Xunta”, segundo o Consello de Contas.

O Pleno da próxima semana incluirá tamén unha moción sobre emprego, unha proposición non de Lei para pedir a ampliación do prazo do obxectivo de déficit para Galicia, unha interpelación sobre a ausencia de xestións da Xunta e Goberno para garantir a presenza da flota galega no caladoiro de Mauritania e dúas preguntas sobre a parálise da autovía da Costa da Morte e a área sanitaria de Lugo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar