Pachi Vázquez preguntará a Feijóo no Parlamento polo seu compromiso coas infraestructuras sociais de Galicia

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo no Parlamento polo seu compromiso coas infraestructuras sociais de Galicia

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo no Parlamento polo seu compromiso coas infraestructuras sociais de Galicia

O Presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas, e secretario xeral do PSdeG-PSOE Manuel Pachi Vázquez preguntará na sesión de control ao presidente do Goberno do próximo Pleno, que se celebrará os vindeiros 22 e 23 de marzo, polo compromiso de Feijoo coas infraestructuras sociais de Galicia.

Ademais solicitaron as comparecencias da Conselleira de Traballo para explicar as medidas que o Goberno de Feijoo esta tomando para loitar contra a crise, e tamén a comparecencia da Conselleira de Facenda para que dea conta da situación do sistema financeiro galego e presentar a estratexia de futuro para o mesmo. As dúas solicitudes foron rexeitadas polo Partido Popular.

No apartado das Proposicións, defenderán unha iniciativa para instar ao Goberno Galego a elaborar e poñer en marcha no primeiro semestre do ano 2011 un Plan de emprego feminino. Noutra proposición solicitan a posta en marcha de diversas infraestructuras, sanitarias e educativas na Comarca de Santiago.

Nas interpelacións, os socialistas queren coñecer cales son os motivos polo cal a Xunta investiu diñeiro público no Plan sectorial de Barreiros, e noutra interpelación queren saber como valora o Goberno Galego as alternativas de futuro do sistema financeiro galego.

No que atinxe as preguntas orais en Pleno o PSdeG-PSOE reclama explicacións polas intencións do traslado da subestación eléctrica no concello ourensán de Verin. Ademais quere saber cal é a razón da paralización da variante de Viveiro. Por ultimo preguntan á Xunta si considera que a instalación de caixeiros automáticos é a única vía para incrementar a recadación e a dispoñibilidade de efectivos dos xogadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar