Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polo fracaso das súas políticas de emprego e as repercusións da reforma laboral

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polo fracaso das súas políticas de emprego e as repercusións da reforma laboral

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo polo fracaso das súas políticas de emprego e as repercusións da reforma laboral

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, utilizará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento para preguntarlle a Feijóo sobre o fracaso das súas políticas de emprego. O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, explicou, logo da Xunta de Portavoces, que a pregunta ao presidente versará sobre as repercusións da reforma laboral para os traballadores de Galicia.

O presidente do Grupo Socialista preguntaralle así a Feijóo polas súas políticas de creación de emprego na última sesión parlamentaria antes da folga xeral provocada polo decreto de reforma do mercado laboral. Os socialistas consideran que esta norma provoca unha “asimetría brutal entre empregados e empregadores claramente favorable a estes últimos”.

Abel Losada sinalou que a conclusión deste texto é que a CEOE “impuxo os seus intereses” que foron seguidos polo Executivo, que “racha co consenso consagrado na Constitución de 1978 e ratificado no Estatuto dos Traballadores dous anos despois”. Explicou que a reforma choca co obxectivo constitucional de preservar os dereitos dos traballadores como elemento fundamental do equilibro social e laboral no Estado.

Neste sentido, criticou o rexeitamento dunha comparecencia da conselleira de Traballo solicitada polos socialista sobre o incremento dos traballadores afectados por EREs en Galicia, que foi do 73 por cento en 2011, fronte ao 13 por cento que creceron no Estado.

Sinalou que comparecerá para falar de políticas de xuventude, polo que reclamoulle que dea conta do incremento do 60 por cento na taxa de desemprego entre os mozos e mozas de 25 a 29 anos dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Os socialistas galegos tamén incluíron na orde do día do próximo Pleno unha serie de iniciativas sobre a situación económica de Galicia, como é a proposición non de Lei sobre a situación da industria do naval de Ferrol, ou dúas interpelacións sobre a pasividade da Xunta diante das dificultades económicas de Alcoa en Galicia e o “aprazamento vergonzante” do AVE a Galicia, tal e como ven de confirmar a ministra de Fomento.

Comparecencia de Feijóo

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta evite comparecer para dar conta da xuntanza mantida co presidente do Goberno a semana pasada. Criticou que Feijóo “continúe na súa estratexia de propaganda e autobombo

” agora visitando Asturias para falar dunha “gran macrorrexión reiterando o erro da perda de peso de Galicia na Eurorrexión ampliada que el mesmo asinou”.

Losada reclamou ao xefe do Executivo galego que dea conta dunha visita que obtivo unha “valoración absolutamente negativa” por parte dos socialistas galegos logo de que Rajoy rebaixara o proceso de capitalización de NGB ao cualificalo de “interesante”. Advertiu que neste mesmo encontro tamén cualificou de “ambicioso” o retraso do AVE a Galicia ata 2018, mesmo “abrindo a vía a un retraso maior”.

Criticou que non explicara “qué pasa coa devolución de 805 millóns de euros que demandaban, e sobre o que a exconselleira Currás mantén un silencio de ultratumba”. Tampouco coñecemos, explicou, a resposta do goberno á petición da Xunta de ampliar o prazo para a devolución de anticipos a conta de 5 a 10 anos, o que concedería ata 250 millóns de euros adicionais para o ano 2012.

Engadiu que “tampouco sabemos da posición do goberno sobre a aplicación dun esquema de protección de activos a NGB”, nin explicou si trataron sobre o decreto de supresión das primas ás enerxías renovables, ou a situación de Navantia e os estaleiros privados logo da suspensión do tax lease.

O responsable socialista advertiu que pola contra teñan solicitado unha comparecencia do conselleiro de presidencia para dar conta dos procesos de “cooperación municipal”, un eufemismo para “reducir o nivel político – simbólico da intervención de Feijóo no debate do Estado da Autonomía”. Neste, dixo, presentou como feita a fusión de Oza dos Ríos e Cesuras que aínda non tiña nin comezado.

Losada criticou a estratexia de Feijóo de ofrecer un “espellismo mediático” para agochar os problemas reais do país cando a realidade é que se trata dun caso de “despotismo ilustrado: todo para os concellos pero sen os concellos”. Engadiu que “a realidade é que confundiu a vontade da poboación co que en realidade tan só era unha foto de cargos do PP”.

Servizos públicos

Losada anunciou que o Pleno da próxima semana incluirá unha moción na que os socialistas galegos reclaman a retirada da referencia ás tarifas sanitarias do Real Decreto 209/2011 que abre a porta ao copago sanitario. Explicou que, en contra do que afirma a Xunta, é “falso” que a normativa previa xa incluíra esta posibilidade.

Tamén será debatida unha proposición non de Lei sobre os problemas de xestión do Centro Galego de Bos Aires, así como dúas preguntas sobre a paralización do servizo de hemodinámica no hospital de Lugo, así como a decisión do goberno galego de baixar de forma “brutal” as axudas ás casas de acollida para enfermos de VIH, amosando unha actitude “despiadada cos eslabóns máis débiles”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar