Pachi Vázquez preguntará a Feijóo na sesión de control do Parlamento pola súa “desaparición” diante da situación do sistema financeiro galego

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo na sesión de control do Parlamento pola súa “desaparición” diante da situación do sistema financeiro galego

Pachi Vázquez preguntará a Feijóo na sesión de control do Parlamento pola súa “desaparición” diante da situación do sistema financeiro galego

Abel Losada critica que o presidente da Xunta “se poña agora de perfil” logo das “fotos triunfais” da fusión de NGB en Monte Pío

Os socialistas presentarán unha Proposición de Lei para a blindaxe dos servizos públicos básicos

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, empregará a próxima sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento para preguntarlle a Feijóo pola súa “literal desaparición” e falla de xestión diante da situación do sistema financeiro galego. Así o explicou o portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, logo da Xunta de Portavoces do Parlamento.

Losada sinalou que Pachi Vázquez empregará unha vez mais a sesión de control para coñecer a posición do presidente da Xunta logo de que rexeitara comparecer diante do Pleno da Cámara para dar conta da suposta estratexia do Goberno galego para garantir a fortaleza e viabilidade do tecido financeiro galego. Criticou que, logo de apuntarse a tódalas “fotos triunfais” da fusión de NGB, agora “se poña de perfil” cando hai problemas.

Os socialistas galegos presentarán tamén unha moción sobre o sistema financeiro para que a Cámara se posicione sobre a necesidade dunha entidade solvente, autónoma e con clara vinculación co territorio. reclamou tamén a convocatoria dunha Comisión de Investigación para avaliar as causas e responsabilidades da desaparición das caixas galegas e as indemnizacións aos exdirectivos.

Losada desbotou que a investigación supoña un “hándicap” e un “perigo” para a entidade, xa que “a transparencia axuda á nosa posición fronte aos mercados”, especialmente cando onte o presidente de Banco Santander situara a NGB entre as entidades que precisan de ser rescatadas.

A proposta socialista reclama o mesmo tratamento a NGB que a Bankia á hora de axudala con fondos públicos que poderán ser devoltos “no futuro e na medida en que a situación se recupere” e rexeitou o proceso de recentralización agrupando NGB con Bankia e Cataluña Caixa.

Tamén reclaman á Xunta “que se molle” para buscar unha solución á “cuasiestafa” das participacións preferentes, mentres reclama un proxecto de Lei das Fundacións Especiais das caixas que garanta o subministro de crédito para manter a dimensión social das entidades financeiras.

Proxecto de Lei

Os socialistas galegos presentarán ademais, no próximo Pleno do Parlamento, unha Proposición de Lei para garantir a blindaxe dos servizos públicos básicos, nomeadamente a sanidade e a educación. Losada explicou que o obxectivo é defender os piares do Estado do Benestar fronte ao “ataque sistemático” ao que os somete o PP para “abrir o camiño ao proceso privatizador” de servizos.

Losada chamou ao “maior consenso posible” para protexer aos servizos públicos galegos “fronte aos gravámenes ou copagos” que quere implantar Feijóo. Tamén solicita a reversión da concesión do Hospital de Vigo, que coa aplicación do modelo de financiamento público – privado supón un “negocio ruinoso para a sanidade galega” ao obrigar a pagar un canon durante os próximos 20 anos.

O responsable socialista considerou “inxustificable” o recorte en educación e sanidade logo de que o propio Feijóo presentara un balance financeiro e orzamentario “altamente satisfactorio” apuntando que Galicia só precisa 69 millóns de euros para acadar o obxectivo de déficit cero. A proposta socialista salienta a universalidade, equidade e igualdade nos servizos públicos e acadar en 8 anos un investimento do PIB a nivel da UE.

Mediante esta iniciativa, os socialistas galegos reclaman a modificación do artigo 18.1 da Lei de Disciplina orzamentaria para permitir que, nos casos de superávit, unha parte deste poida destinarse á mellora dos servizos públicos “e non exclusivamente á débeda financeira”.

O próximo Pleno do Parlamento incluirá tamén unha moción para garantir o papel estratéxico da sanidade para garantir a cohesión social, así como unha interpelación sobre a modificación da planta xudicial galega, que implanta unha xustiza “de clase” ao reducir os xulgados dificultando o seu acceso a “unha parte importante da poboación” con dificultades de mobilidade.

En relación coas materias económicas e de emprego, o Pleno incluirá unha proposición non de Lei sobre a Política Común de Pesca logo de que na pasada semana se dera o “feito inaudito” de que o goberno galego remitira ao Parlamento un ditame como acordado cos grupos “cando a realidade é que non fora pactado nin acordado”. Reclamoulle ao PP “respecto coa separación de poderes” entre Xunta e Parlamento.

Tamén será debatida unha proposición non de Lei sobre os recortes no Plan Miner, e unha pregunta oral sobre os custes e obxectivos da Axencia Tributaria de Galicia, logo de que o presidente da Xunta anunciara a súa posta en marcha.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar