Pachi Vázquez: "Por primeira vez conseguimos que a militancia elixa ao secretario xeral, cun liderado forte e renovado dende a base"

Pachi Vázquez: "Por primeira vez conseguimos que a militancia elixa ao secretario xeral, cun liderado forte e renovado dende a base"

Pachi Vázquez: "Por primeira vez conseguimos que a militancia elixa ao secretario xeral, cun liderado forte e renovado dende a base"

O secretario xeral saínte do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, fixo hoxe o seu discurso de despedida salientando que “por primeira vez conseguimos que a militancia elixa ao secretario xeral”. Así o dixo no Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE no que foi elixida a nova dirección liderada por Xosé Ramón Gómez Besteiro.

Vázquez dixo que Gómez Besteiro obtén un liderado “forte e renovado dende a base” logo de gañar nas eleccións primarias do pasado día 7, culminando hoxe o camiño escollido polos órganos de dirección para constituírse no primeiro partido que escolle secretario xeral polo voto directo e segredo da militancia. Este feito, puntualizou, “redobra a lexitimidade e abre as portas á participación da cidadanía”.

O responsable socialista reclamou que a conferencia política de novembro abra o debate en toda España” para implantar as primarias a nivel nacional seguindo o exemplo de Galicia. Agradeceu neste sentido ao secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e ao Comité Federal do PSOE, o aval ofrecido ao proceso “non sen dificultades nin controversia”.

Dixo que o exemplo galego demostra a viabilidade do proceso de primarias no que participaron o arousán Manel Vázquez e o lugués Xosé Ramón Gómez Besteiro, aos que agradeceu unha campaña “activa, respectuosa e construtiva, na que demostraron que se pode debater e ofrecer propostas sen confrontar”.

Vázquez apuntou que o resultado das eleccións primarias “obríganos a todos a arrimar o lombo -eu o primeiro- para traballar con disciplina e lealdade e sacar adiante este proxecto”. A participación das bases ofrecen, engadiu, un partido “forte e cohesionado” para constituír unha alternativa de goberno xa dende o horizonte das próximas eleccións europeas e municipais.

Parar ao PP

O obxectivo, dixo, é constituír unha “alternativa para parar ao PP, que está destrozando o país” da man dun Feijóo que “destrozou o sistema financeiro e está destruíndo os servizos públicos”. Denunciou a destrución “implacable” do sistema sanitario, coa supresión de 3.000 traballadores e traballadoras en só catro anos, aplicando o copago de medicamentos a pensionistas e, agora, coa “inmoralidade de aplicar o copago a enfermos crónicos”.

Chamou ademais a “parar a esta dereita que está desmantelando o ensino público” coa eliminación de 2.000 docentes, a supresión de bolsas e estudos e, agora, aplicando o “cobro ilegal do comedor aos escolares do rural” que teñen que desprazarse fora da súa localidade para ir á escola.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Juan Rodríguez
    Setembro 30, 2013 a 00:15

    El señor PachI arruinó al socialismo gallego durante su mandato, no tenía chispa, ni estaba reconocido por los compañeros,aunque el que viene no me inspira nada de confianza espero que tenga más suerte y lo haga mejor. Y que las próximas.elecciones paremos al Pp. Un saludo a todos loa socialistas de corazón

Deixar a resposta

Pechar