Pachi Vázquez pídelle a Feijóo unha xuntanza para acadar un gran acordo para a reactivación económica

Pachi Vázquez pídelle a Feijóo unha xuntanza para acadar un gran acordo para a reactivación económica

Pachi Vázquez pídelle a Feijóo unha xuntanza para acadar un gran acordo para a reactivación económica

Sinala que “celebra consellos da Xunta baleiros” mentres Galicia rexistra o primeiro mes de abril da historia no que sube o paro, co que no primeiro trimestre do ano cada día perderon o seu traballo 250 galegos e galegas

O líder socialista responde ao Valedor que “antes que recortar a sanidade e a educación eu empezaría por recortar” nesta institución

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, reclamoulle hoxe a Feijóo “que goberne ou que se vaia”. Logo da xuntanza do Grupo Parlamentario, o líder socialista dixo que o presidente da Xunta debe “tomar decisións e sacar adiante a este país ou recoñecer –como está facendo- que é incapaz” e por iso celebra “consellos da Xunta baleiros de contido”.

O líder dos socialistas galegos anunciou unha carta dirixida ao presidente da Xunta “para que nos convoque e peche un gran acordo para encetar políticas de reactivación económica, de crecemento e de creación de emprego”. Lembroulle a proposta socialista de destinar 120 millóns de euros para crear 20.000 postos de traballo para mozos e mozas, na liña dos plans de reactivación de Andalucía e País Vasco.

Pachi Vázquez apuntou que o último dato do paro é especialmente grave porque Galicia vive o seu primeiro mes de abril no que medra o paro dende que hai datos e cando precisamente baixa o desemprego en toda España. Sinalou que no primeiro trimestre do ano foron ao paro 250 galegos e galegas cada día, un total de 25.000 persoas.

Sinalou que Feijóo “debe deixar de falar de temas anecdóticos e de encher Consellos da Xunta con temas nimios que non representan nada” porque “non pode ser que o Consello de onte non teña acordado unha soa medida para falar do gran problema de Galicia que é o desemprego”.

O líder dos socialistas galegos engadiu que “un presidente da Xunta e un goberno paralizados non poden condenar a Galicia e transmitirlle a súa parálise” a un país que ve que por primeira vez na historia o paro medra en abril.

Puntualizou que “mentres en España créase emprego, en Galicia destrúese”, e para o presidente da Xunta “é moi fácil tomar a decisión de cobrarlle os medicamentos a tódolos pensionistas ou as ambulancias aos doentes”. Engadiu que “o difícil é poñer en marcha políticas de reactivación económica, de crecemento e que rompan con esa lacra que é o desemprego”.

Valedor

O líder dos socialistas galegos respondeulle hoxe ao Valedor do Pobo que “antes que recortar a sanidade e a educación eu empezaría por recortar” nesta institución, e puntualizou que “non entendo que un Valedor que defende ao pobo diga que hai que recortar a sanidade e a educación pero el é prioritario”. Diante desta proposta do Benigno López, respondeu coa proposta de “simplificar e reducir á mínima expresión a este organismo antes de recortar en sanidade e educación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar