Pachi Vázquez pide o voto para un goberno socialista "que aposte polo sistema produtivo de Galicia, os emprendedores e os autónomos"

Pachi Vázquez pide o voto para un goberno socialista "que aposte polo sistema produtivo de Galicia, os emprendedores e os autónomos"

Pachi Vázquez pide o voto para un goberno socialista "que aposte polo sistema produtivo de Galicia, os emprendedores e os autónomos"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, pediu o voto en Ourense para un goberno socialista “que aposte polo sistema produtivo de Galicia, polos emprendedores e os autónomos” e que “blinde” a sanidade e a educación públicas”. Advertiu que para o PP a sanidade publica “é un gran negocio”, e enviou unha mensaxe “de ilusión, de esperanza e de compromiso” cos servizos públicos e cos sectores produtivos.

Pediu o voto para un goberno socialista “que aposte polo sistema produtivo, polos emprendedores, polo comercio e os autónomos” facendo ademais “da educación o piar do crecemento” e da sanidade “o eixo da política de benestar para tódolos cidadáns sen exclusión algunha e sen copago”.

E resumiu “é momento da xente con ilusión e con esperanza, en dicirlle aos mozos de Galicia que vamos a mirar o futuro sen medo, e que si é posible crear emprego na nosa Comunidade. Vamos a deixar de chorar e vamos a poñernos a traballar, vamos a seguir cara adiante pero sen deixar a ninguén atrás”, concluíu.

Día Internacional do Cancro de Mama

O líder socialista participou hoxe en Ourense nun acto sectorial en conmemoración do Dia Internacional do Cancro de Mama, acompañado de Purificacion Causapié, Secretaria de Igualdade do PSOE e Laura Seara, deputada e ex-Secretaria de Estado de Igualdade, ademais dos candidatos por Ourense María Quintas e Raúl Fernández.

Como médico, Pachi Vázquez dixo que para vencer ao cancro “hai que perderlle o medo a esta enfermidade”, e asegurou que a mellor política sanitaria “é a prevención”, por iso afirmou “nin un milímetro en concesións en medidas de prevención de saúde publica”.

O responsable socialista dixo que cando aos ourensáns se lles da unha oportunidade “saben aproveitala”, e puxo como exemplo a empresa COREN “unha das empresas das que me sinto mais orgulloso, porque cando nos modernizamos non hai quen nos pare”. E aseverou que fan falta galegos “que non teñan medo ao futuro”.

A maiores o candidato socialista propuxo 25.000 bolsas contrato para introducir a outros tantos mozos e mozas en empresas de sectores estratéxicos e de economía productiva. Suporá un investimento de 39 millóns de euros dun orzamento da Xunta que ascende a 9.000 millóns de euros.

Afirma que os galegos “teñen que plantarse”, o vindeiro 21 de outubro. E acusou a Feijoo de “non falar dos problemas da xente”. Vázquez dixo que os galegos non teñen que “andar de xeonllos”, senón que “hai que poñerse de pe, non hai que agochar a cabeza, hai que mirarlle aos ollos á xente, e non hai contar contos, hai que dicir verdades”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar