Pachi Vázquez pide o voto para presidir "un goberno de progreso que lle cambie a vida á xente e constrúa unha Galicia solidaria e emprendedora"

Pachi Vázquez pide o voto para presidir "un goberno de progreso que lle cambie a vida á xente e constrúa unha Galicia solidaria e emprendedora"

Pachi Vázquez pide o voto para presidir "un goberno de progreso que lle cambie a vida á xente e constrúa unha Galicia solidaria e emprendedora"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, pediu o voto para presidir “un goberno de progreso en Galicia que lle cambie a vida á xente” e que sexa a “barreira” á política neoliberal do PP. Nos actos de apertura de campaña, que celebrou en Vigo e Ourense, o líder socialista ofreceu o “camiño da esquerda con medidas para crecer e salvar a educación e a sanidade”.

Pachi Vázquez dixo que esta é a única alternativa ao “camiño da dereita que ofrece mais paro e mais recesión e menos sanidade e educación” e “sitúanos no vieiro de Portugal e Grecia”. O candidato socialista chamou aos candidatos do PSdeG-PSOE a “explicarlle á xente que si votan a Feijóo e Rajoy estarán votando para que lles recorten a pensión, cobren os medicamentos, os libros de texto e o transporte escolar”.

O candidato socialista advertiu que o voto ao PP supón “apoiar que aos enfermos de diálise lles cobren polas ambulancias ou non lles fagan as mamografías as mulleres”. Anunciou “unha proposta distinta” que en lugar de cobrar medicamentos e rebaixar as pensións “lles vamos a cobrar impostos á banca”, e lembrou a proposta de retirar os concertos ás escolas que segregan para pagar a gratuidade dos libros de texto e retirar o copago de medicamentos aos pensionistas.

Anunciou que “en lugar de incrementar o IBI nun 40 por cento como queren facer Rajoy e Feijóo dende xaneiro vamos poñer impostos aos grandes patrimonios, en vez de subir o recibo da auga nun 140 por cento –como van facer- vamos subirlle a fiscalidade aos que cobran mais de 140.000 euros ao ano”.

Pachi Vázquez fixo esta afirmación nun acto político en Ourense, que fixo a xeito de apertura simbólica de campaña, dado que é o número un por esta provincia, e no que tamén interviñeron os candidatos María Quintas e Raúl Fernández, e o secretario de Organización do PSOE, Óscar López.

A continuación, ás 12,00 da noite, pediu dende Vigo o voto para a súa candidatura nas próximas eleccións autonómicas, nun acto no que estiveron presentes o cabeza de lista por Pontevedra, Abel Losada, xunto a outros membros da candidatura, e o alcalde, Abel Caballero.

Decreto do galego

O candidato socialista comprometeuse hoxe tamén a “suprimir o decreto que sepultou o galego neste país” porque, dixo, “queremos falar a lingua propia do noso país”. Sinalou que “eu falo, sinto, soño e quero pensar sempre en galego” e advertiu que “si son presidente terei na miña cabeza en Galicia e estarei para pensar nos problemas de Galicia, non para coller o primeiro avión a ver si me resolven os problemas noutro sitio”.

Pachi Vázquez comprometeuse a “dicir a verdade, dicir poucas cousas pero que vaiamos a facelas” porque, sinalou “só hai algo peor que estar mal, e é que te enganen”. Nesta liña, comprometeuse a aprobar 25.000 bolsas – contrato para outros tantos mozos e mozas galegos desempregados que, explicou, “custan 60 millóns de euros, mentres o orzamento da Xunta é de 9.000 millóns de euros”.

En ambos actos salientou que “aos socialistas non nos da medo o futuro, o que nos da medo é o que pode facer a dereita se Feijóo gaña as eleccións do 21 de outubro: máis paro, máis impostos, máis recesión, más recortes en sanidade, educación e dependencia e pensións máis baixas”.

Pachi Vázquez lembrou que “Feijóo non cumpre, e por iso vai perder as eleccións. Porque está a prometer o mesmo que nas últimas eleccións e que leva case catro anos incumprindo”.

O secretario de Organización do PSOE, Oscar López, aludiu á polémica viaxe de Feijoo no avion dun millonario afincado na Arxentina e ironizou “Feijoo escondeu a gaivota e amosou o paxariño”. Asegurou que “os galegos teñen a oportunidade de dicir non a 9 meses de mentiras nos que todo foi a peor”. Sinalou ademais que Feijóo é consciente da situación, e “por iso non quere que o vexan con Rajoy e agocha as siglas do PP na súa propaganda electoral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar