Vázquez pide máxima dedicación á Executiva para ter "voz propia, resolver problemas dos cidadáns e ser alternativa de goberno"

Vázquez pide máxima dedicación á Executiva para ter "voz propia, resolver problemas dos cidadáns e ser alternativa de goberno"

Vázquez pide máxima dedicación á Executiva para ter "voz propia, resolver problemas dos cidadáns e ser alternativa de goberno"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, pediu “máxima dedicación e responsabilidade” á nova Executiva, na súa primeira reunión en Santiago. Na súa intervención, Vázquez salientou que, a celebración do 12 Congreso e a constitución da nova dirección, “é un punto de partida que non pode ter outro obxectivo que ser útiles a este país”.

Avogou así por “conxugar o verbo sumar” para “sumar aos que pensaron coma nos e aos que lexitimamente tiveron outra opción”. “Hai algo que nos fai grandes dende hai 130 anos. Que opinamos e debatemos, pero tras un congreso, ao día seguinte todos estamos traballando para serlle útiles aos miles de homes e mulleres que cren que é posible gobernar doutro xeito”, dixo.

Agradeceu á nova Executiva, renovada no 80 por cento, o seu “compromiso” con Galicia e co socialismo” ante “o reto apaixoante de poñer sobre a mesa unha proposta para gobernar” e “marcar a ruta que debe percorrer o socialismo galego, da man da estrutura federal, pero con vida propia”.

“Queremos voz propia no socialismo español, e pilotar dende Galicia, por Galicia e para Galicia”, proclamou, xa que “este país necesita xa unha alternativa, que se vai fraguar na nosa acción política nos vindeiros meses”.

Vázquez fixo así un chamamento a “pensar e falar só dos problemas de Galicia e de como darlles solución”. “Tras o Congreso, xa a ninguén gaña ou perde ou está con uns ou outros. Somos un partido que ten diante un país con tantas necesidades, que sería inxusto dedicar un só minuto a falar de nos mesmos e perdelo sen falar dos problemas dos galegos e galegas”.

Escapismo e copago
“Para non falar dos problemas de Galicia xa está o presidente”, dixo, para lembrar que o Debate do Estado da Autonomía foi “un acto de escapismo político de Feij

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. jose juan
    Marzo 18, 2012 a 15:05

    Gostariame saber cantos discapacitados hay na executiva,

    un Saúdo

Os comentarios están pechados.

Pechar