Vázquez pide aos progresistas que voten "porque os que hoxe están disgustados, se goberna o PP estarán desesperados"

Vázquez pide aos progresistas que voten "porque os que hoxe están disgustados, se goberna o PP estarán desesperados"

Vázquez pide aos progresistas que voten "porque os que hoxe están disgustados, se goberna o PP estarán desesperados"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, animou hoxe aos progresistas de Galicia a votar o 20N “porque os que hoxe están disgustados e enfadados, se goberna o PP estarán desesperados”. Así o afirmou no mitin celebrado en Negreira (A Coruña), no que participou xunto aos candidatos ás Cortes Xerais, Inés Rey, Miguel Cortizo e Francisco Caamaño.

Vázquez incidiu en que o “cambio” anunciado polo PP “xa sabemos como é en Galicia, levamos dous anos vendo ese cambio que só trouxo a Galicia máis crise, máis paro, máis débeda e menos prestacións públicas”.

“A dereita non ten solucións, está esperando a ver si a crise fai que o goberno lle caia no seu cesto”, apuntou o líder socialista.

Lembrou que Feijóo, exemplo das políticas do PP, non só endebedou a Galicia máis que en toda a súa historia e que o paro medrase máis que no resto do Estado, senón que ademais recortou nun 80 por cento as axudas aos servizos sociais que prestan os concellos a través do plan concertado.

Sinalou que “cando o 80 por cento de traballadores sociais van ao paro, perdemos o 80 por cento de prestacións de axuda ao domicilio, e cando o 40 por cento de médicos van ao paro, temos un 40 por cento menos de atención médica”.

Puxo como exemplo da política do PP a contratación de oito curas no Hospital de Ourense “despiden médicos e contratan curas, pero os enfermos non necesitan curas, necesitan atención médica”.

Así, defendeu o voto para o PSOE porque conta cun partido e cun candidato “que traballa pola política que nos iguala a uns e a outros” e lembrou que “non se sae da crise pechando escolas ou hospitais, senón con modelos económicos que xeren emprego”.

Vázquez tamén fixo unha defensa da sanidade pública, universal e gratuíta e advertiu que “a sanidade non ten risco económico como quere facer ver a dereita, pero é un gran negocio para as grandes empresas que queren xestionar os hospitais e iso é o que quere a dereita, privatizar a sanidade”.

“O modelo do PP podemos velo en Feijóo, un presidente que nunca está cando a Galicia lle fai falla”, engadiu, á vez que lembrou que durante os lumes de outubro “o que antes andaba coa mangueira apagando lumes agora estaba en Arxentina, conseguindo votos”.

“Iso é o que vai pasar en España se deixamos que gañe o PP”, advertiu, xa que “Rajoy e o PP non teñen unha soa medida para sacarnos da crise”.

Vázquez apuntou ao fío disto que “o 20N depende só da esquerda, temos a oito millóns de persoas indecisas, e temos que mobilizalas e animalas”.

“Temos que dicirlles aos indecisos que están disgustados e enfadados, que se gaña o PP van estar desesperados”, dixo. “Estamos mal, debido á crise, pero co PP iremos a peor”, concluíu.

Pola súa parte, o candidato Francisco Caamaño advertiu que o PP quere facer un goberno “como dios manda, con ministros do opus dei, ministras con peineta e mantilla, e asesorados pola conferencia episcopal”.

O PP “leva oito anos crispando, facendo electoralismo e populismo con temas como a ordenación territorial do Estado, a igualdade, a dependencia, a paz; e agora teñen un ataque de dignidade e presentanse como defensores do proletariado e dos mais débiles”.

Advertiu que “isto só é camuflaxe de campaña, pero a dereita, se gaña, volverá a ser o que sempre foi, un partido autoritario e intolerante. Só está en suspensión temporal do seu extremismo, pero que non nos enganen, é a mesma dereita”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar