Pachi Vázquez pide ao PP “que estea á altura das circunstancias” no caso de Alcoa e que “non engane como no caso de Pemex ou das caixas”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, pediulle haos gobernos central e galego que estean “á altura das circunstancias” e “boten o resto” para solucionar a situación de Alcoa en Galicia.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións tras manter un encontro co Comité de Empresa da factoría de Alcoa na Coruña, na que tamén participaron os candidatos desta provincia Francisco Caamaño e José Luís Méndez Romeu.

O líder dos socialistas galegos salientou que Alcoa e “un elemento diferencial para a nosa economía produtiva” polo que é necesario “solucionar e encarrilar canto antes o problema da tarifa competitiva”, unha cuestión que será abordada na Deputación Permanente do Parlamento Galego a petición do PSdeG.

Esixiu a Feijóo “que non engane, que non faga o mesmo que con Pemex ou as caixas, con contratos que logo cando lemos a letra pequena son distintos ao que nos contou”.

Avogou por unir esforzos de todas as formacións políticas e trasladoulle ao comité de empresa de Alcoa “o noso apoio e compromiso” facendo “todo o que estea na nosa man a nivel provincial, autonómico e estatal”.

Por elo pediu ao presidente do Goberno central e ao presidente da Xunta, “que estean á altura das circunstancias, que non lle fallen a este país, porque é o momento de botar o resto”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar