Pachi Vázquez pide a Feijóo que non traicione a Galicia e recorra tamén o decreto co que lle van pasar a crise aos pensionistas, aos enfermos e aos estudantes

Pachi Vázquez pide a Feijóo que non traicione a Galicia e recorra tamén o decreto co que lle van pasar a crise aos pensionistas, aos enfermos e aos estudantes

Pachi Vázquez pide a Feijóo que non traicione a Galicia e recorra tamén o decreto co que lle van pasar a crise aos pensionistas, aos enfermos e aos estudantes

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, realizou estas declaracións na rolda de prensa que tivo lugar trala reunión mantida con Trinidad Jiménez, secretaria federal de Política Social, a deputada Laura Seara e o secretario Xeral Provincial, Raúl Fernández, e con diferentes colectivos sociais, na que abordaron as consecuencias do Real Decreto que o Partido Popular pretende aprobar en materia de sanidade.

Así, dixo que os socialistas farán fronte común común cos colectivos sociais para parar a esta dereita que pretende pasarlle o custe da crise aos enfermos, aos pensionistas e aos estudantes, aos máis débiles do sistema.

Precisamente, Jiménez explicou que tralo recurso de inconstitucionalidade presentado polas comunidades autónomas de Cataluña e País Vasco, os socialistas tamén recurrirán o RD ante o TC, ademais de seguir presentando mocións, proposicións non de lei e interpelacións no Congreso para parar estas medidas.

O líder dos socialistas galegos lembrou que en poucos días os 90.000 pensionistas da provincia de Ourense van ter que pagar o 10% dos seus medicamentos, que os enfermos crónicos van ter que pagar parte da súa alimentación, e cunha pensión media de 604 euros/mes.

Vázquez pediu a Feijóo, no día que visita Galisenior, que “non traicione a Galicia e aos maiores e enfermos de Galicia, e que recurra tamén este RD que vulnera os dereitos de 730.000 pensionistas de Galicia e todos os enfermos deste país”. “Agora é o momento de defender a Galicia e aos que menos teñen”,  aos que “viven ao límite rozando o umbral de pobreza”, engadiu.

Neste sentido criticou que a mesma dereita de Feijóo e Rajoy que dá 15.000 millóns de euros aos responsables da crise, lle quita 7.000 millóns de euros aos enfermos, pensionistas e estudantes.

A secretaria federal de Política Social, Trinidad Jiménez, explicou que a sanidade pública española é sostible, unha das mellores do mundo en canto a indicadores porque en calquera enfermidade está nun dos tres primeiros postos, e un país como España pode permitirse dedicarlle o 6,5% do PIB para o seu mantemento.

Jiménez, cuestionou o aforro que pode constituír cambiar un modelo de sanidade pública universal e gratuíta como o que temos, por un modelo de aseguramento como o que pretende implantar o PP.

A dirixente socialista recordou  que con este decreto hai moitos colectivos que quedan excluídos do sistema nacional de saúde, como os mozos de 27 anos que non cotizaran nunca, as divorciadas que non cotizaran nunca, os discapacitados que nunca traballaran, os emigrantes en situación irregular.

Jiménez criticou que o PP diga que vai incluír estos colectivos, porque entón por que os exclúen, “para cadrarlle as contas a Bruxelas?”, cuestionou. Neste sentido tamén preguntou por que Feijóo non se opuxo a estas medidas no Consejo Interterritorial de Salud se di que non vai aplicar o copago.

Así, dixo que o Goberno de Rajoy está poñendo en risco a saúde dos españois, e provocando enormes sacrificios naqueles grupos máis vulnerables e que máis están sufrindo a crise.

Congresos e Primarias

Preguntado polos xornalistas, o secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou que mañá veremos no 2º Congreso Provincial “unha lección de como o Partido socialista si fai congresos, si elixe aos seus dirixentes”, mentres Feijóo “vai clausurar congresos por toda España pero non convoca e anula o  congreso que lle tocaba en Galicia nesta primavera”.

Ademais dixo que Feijóo está dando unhas mostras de nerviosismo que non son normais”, e explicou que onte se lle plantexou que dende o 30 de setembro ao 31 de decembro no contabilizou nin unha soa factura, e que iso é facer trampas nas contas galegas, porque calculou o déficit sen contabilizar o 30% das facturas de Galicia, tal e como foi publicado no DOG o 30 de setembro de 2011.

“Feijóo é un modelo de cómo facer sufrir á xente cos recortes só vale para crear máis paro que en España, máis pobreza que en España, e 90.000 fogares nos que non entra nin un só euro”, afirmou.

Por último asegurou que para a elección de candidato á Xunta, o Secretario Xeral do PSdeG convocará primarias “automaticamente” o primeiro día hábil trala celebración dos congresos locais, que rematarán sobre o 15 de xullo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar