Pachi Vázquez pide a Feijóo "menos leccións e máis humildade e recursos para os concellos"

Pachi Vázquez pide a Feijóo "menos leccións e máis humildade e recursos para os concellos"

Pachi Vázquez pide a Feijóo "menos leccións e máis humildade e recursos para os concellos"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo, de actuar como "o recortador de recursos" dos concellos despois de pedirlle que "deixe de dar leccións" e de "poñerlles deberes". Así o afirmou no Barco de Valdeorras, onde estivo acompañado polo candidato socialista á reelección, Alfredo García, e dende onde recomendou a Feijóo que "tome exemplo" de alcaldes socialistas como o deste municipio para "controlar o paro, poñer en marcha políticas sociais e crear infraestruturas".

Incidiu así en que o modelo de xestión de O Barco é "o modelo a aplicar en toda Galicia" fronte ao "absoluto fracaso" da Xunta en materia económica, de emprego e social. En canto ás actuacións do Goberno galego nesta provincia, subliñou que "non pode ser máis negativo", xa que mantén "paralizada a construción da A-76 e pretende obstaculizar a entrada da AVE".

Por elo pediulle a Feijóo "menos leccións e máis humildade e recursos" e criticou que Feijóo se convertese no "home que fai máis dano ás políticas municipais". Sinalou que "non sabe nada de política municipal" e recordoulle que, "en lugar de querer ser o alcalde de toda Galicia, abandone a súa vaidade e aprenda de alcaldes como Alfredo García".

García destacou pola súa parte que as contas municipais están "saneadas" e que durante o seu mandato se acometeu "a maior inversión da historia" deste municipio nunha soa lexislatura, que ascendeu a 30 millóns de euros. Puxo como exemplo delo o paseo fluvial do Sil, que describiu como "o mellor de Galicia", e o saneamento deste río; sen abandonar políticas sociais como escolas deportivas, ludotecas e gardarías.

"Queremos seguir traballando polo pobo con proxectos importantes", sinalou, á vez que considerou "fundamental" a creación de emprego en momentos de crise e, para iso, avanzou a instalación dunha fábrica de biomasa no municipio "que contribuirá a crear emprego e riqueza".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar