Pachi Vázquez pide a dimisión de Rajoy porque "España non pode ter como presidente ao cómplice dun delincuente"

Pachi Vázquez pide a dimisión de Rajoy porque "España non pode ter como presidente ao cómplice dun delincuente"

Pachi Vázquez pide a dimisión de Rajoy porque "España non pode ter como presidente ao cómplice dun delincuente"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que “España ten como presidente ao cómplice dun delincuente”, logo das comunicacións entre Bárcenas e Rajoy coñecidas esta fin de semana. Dixo que “España non pode ter de presidente a unha persoa que recoñece explicitamente que estivo encubrindo a unha persoa que está hoxe no cárcere”.

O líder dos socialistas galegos acusou a Rajoy de terse posicionado como “gran encubridor do delincuente”, e engadiu que “o que encubre ao delincuente é un delincuente”. Fixo tamén un chamado a Galicia porque “o caso Bárcenas pega no epicentro do PPdeG” logo de coñecerse que Feijóo agochou 2 millóns de euros de financiamento irregular do seu partido en 2006.

Apuntou que “o tsunami Bárcenas chega tamén a Galicia”, e puntualizou que “48 horas despois –de coñecerse estes datos- ninguén do PP o desmentiu pero ninguén quere falar diso”. Lembrou que “así comezou en Madrid o caso Bárcenas, e aquí vamos polo mesmo camiño”.

Pachi Vázquez dixo hoxe que “si Feijóo lle tivera respecto a Galicia debería comparecer no Parlamento” para explicar o financiamento irregular do PPdeG, mentres tanto o partido como o seu presidente mantéñense “desaparecidos”. Os socialistas galegos sinalaron que Feijóo e Rajoy deben escoller entre a transparencia e a legalidade ou ser reféns de actuacións reprobables ou directamente ilícitas e dimitir.

Comparecencia

O PSdeG-PSOE rexistrou hoxe a solicitude de convocatoria da Deputación Permanente para debater a convocatoria dun Pleno Extraordinario coa comparecencia do presidente da Xunta para “dar conta do presunto financiamento irregular do PPdeG”.

Pachi Vázquez reclamou tamén a comparecencia de Feijóo na Comisión de Estudo da Corrupción que, dixo, carece de sentido sen a presenza do presidente da Xunta, sen descartar polo tanto o abandono da mesma por parte dos socialistas galegos. Preguntouse “si a esta Comisión non vai o presidente para qué a queremos e qué pintamos aí”.

Vázquez fixo alusión así á trama de intereses pola que empresas que contrataran 1.500 millóns de euros coa Xunta sendo Feijóo vicepresidente fixeron donacións por dous millóns de euros a este partido só en 2006, estando xa presidido polo actual presidente da Xunta, que non declarou estes ingresos.

Gürtel e Bárcenas pasan por Galicia

O viceportavoz do Grupo Socialista e portavoz na devandita Comisión, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que estes datos evidencian que “Gürtel e Bárcenas pasan por Galicia, polo PP galego” e polo presidente da Xunta. Puntualizou que estes datos se coñecen logo das “declaracións ameazantes” por parte do ex secretario de Organización do PPdeG imputado na trama Gürtel, Pablo Crespo, e que “cuestionan a honorabilidade de Feijóo”.

O responsable socialista sinalou que esta situación cuestiona “os alicerces do sistema democrático”, cuns gobernantes que “rexeitan someterse ao control político” e dixo que “as administracións non poden permanecer baixo ameazas”. Lembrou que mentres os tribunais dirimen as responsabilidades penais, as políticas son satisfeitas “ofrecendo explicacións na Cámara, e si son reprobables dimitindo”.

Conviccións democráticas

Méndez Romeu puntualizou que “as conviccións democráticas non se predican, se demostran”, e dixo que Feijóo “non cumpre as obrigas mínimas como presidente e menospreza o labor de control do Parlamento coa colaboración necesaria da presidenta da Cámara. Lembrou que o goberno galego aínda non lle remitiu ao Grupo Socialista os datos sobre os contratos da Xunta co seu amigo narcotraficante Marcial Dorado.

O responsable socialista dixo que as informacións publicadas esta fin de semana sitúan agora ao narcotraficante amigo de Feijóo como “defensor do presidente” da Xunta, mentres pon de manifesto a conivencia do goberno da época con delincuentes investigados por aduanas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar