Pachi Vázquez: “Os socialistas galegos queremos trasladar a toda Galicia o modelo de cidade, de políticas sociais e de convivencia que existe na Coruña”

Pachi Vázquez: “Os socialistas galegos queremos trasladar a toda Galicia o modelo de cidade, de políticas sociais e de convivencia que existe na Coruña”

Pachi Vázquez: “Os socialistas galegos queremos trasladar a toda Galicia o modelo de cidade, de políticas sociais e de convivencia que existe na Coruña”

O Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, avogou por “trasladar a toda Galicia o modelo de cidade, de políticas sociais e de convivencia” que existe na Coruña. Así o afirmou o líder dos socialistas galegos hoxe nesta cidade, onde presentou a candidatura encabezada polo actual alcalde, Javier Losada, xunto ao vicesecretario do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco.

Na súa intervención, Vázquez salientou “a ilusión e orgullo que sentimos os socialistas porque ningún partido ten feito máis pola Coruña” e aludiu a todos os proxectos realizados nos últimos 25 anos “que demostran o apoio de todos os gobernos socialistas a esta cidade, tanto dende o Concello, como dende a Deputación, dende o anterior Goberno da Xunta e dende o Goberno central”.

“Todos os socialistas queremos unha gran Coruña – dixo en alusión ao lema de campaña de Javier Losada- e ademais queremos que Galicia se pareza cada día un pouco mais ao que levades conseguido nesta cidade dende hai anos”. Expresou tamén a “ilusión de seguir construíndo unha cidade que é referencia para toda Galicia nos servizos sociais, que foron o motor das nosas políticas nesta cidade”.

Por elo, marcou como un obxectivo do PSdeG “imitar o xeito de gobernar na Coruña” así como “trasladar a toda Galicia o voso modelo de cidade, de políticas sociais e de convivencia”.

“Javier Losada ten moitas virtudes, e tamén seguro que algún defecto, pero dende logo non é un radical. E si en algo é radical, é na defensa da Coruña, dos seus cidadáns, das súas políticas sociais e do progresismo”, proclamou.

Destacou fundamentalmente a defensa dos servizos sociais realizada polo goberno socialista da Coruña “uns servizos para os cidadáns, que tanto nos custou conseguir, e que agora o Goberno do PP quere cambiar por outro modelo no que se prima a privatización, o copago e as restriccións”, apuntou.

“A Sanidade, a Educación, a Dependencia e os servizos sociais: públicos, universais, gratuitos e de calidade. Nesto si somos radicais os socialistas, e tamén na demanda dos investimentos para os proxectos planificados para esta cidade e que están paralizados”, proclamou Vázquez.

Contrapuxo isto coa política de Feijóo “xa que o seu contrato con Galicia resultou ser un rotundo fracaso”. Lembrou que “nunca en Galicia, se conculcaron tanto como nestes dous últimos anos os dereitos cívicos e sociais da cidadanía e nunca como agora se ten feito un uso tan partidista da Xunta”.

Por elo, apostou por Javier Losada e a súa candidatura “para emprender un proxecto de futuro para A Coruña, pensando nos cidadáns e na defensa dos seus dereitos fundamentais, e implicando neste proxecto socialista a os veciños e veciñas de todos os barrios, para que sexan os protagonistas da Coruña que todos e todas queremos”, concluíu.

Ao remate da súa intervención, o líder dos socialistas galegos deu paso ao vicesecretario do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco, ao que responsabilizou directamente de lograr a autorización para a licitación das obras do AVE a Galicia, que permitirá cumprir os prazos anunciados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar