Pachi Vázquez: “Os novos recortes son un torpedo na liña de flotación da economía galega porque traerán mais sofremento, máis recesión, mais paro e máis emprobrecemento”

Pachi Vázquez: “Os novos recortes son un torpedo na liña de flotación da economía galega porque traerán mais sofremento, máis  recesión, mais paro e máis emprobrecemento”

Pachi Vázquez: “Os novos recortes son un torpedo na liña de flotación da economía galega porque traerán mais sofremento, máis recesión, mais paro e máis emprobrecemento”

O Secretario Xeral do PSdeG anuncio iniciativas para que Feijoo explique aos galegos e galegos cómo lle van afectar a súas vida e a súa economía

Adiantou que van “directamente ao corazón da estrutura socioeconómica de Galicia” e lamentou a existencia “dun presidente que fuxe de Galicia e está dando conferencias por Madrid en vez de estar aquí, dando a cara”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, explicou que os recortes anunciados hoxe polo Partido Popular de Rajoy e Feijoo “confirman un fraude electoral masivo” ao poñer en marcha “medidas que van en dirección contraria a todo o que lle prometeron aos cidadáns”. Ademais, lamentou que o mais grave deste fraude electoral masivo sexa que non vai servir máis que para “aumentar o sufrimento das familias e dos cidadáns, para aumentar a recesión económica do noso país e para anticiparlle aos galegos que inda van caer mais as cifras do paro”.

Ante esta nova situación, que “coloca a Galicia na axenda da recesión e do incremento paro”, o secretario xeral do PSdeG anunciou que nos próximos os socialistas van a presentar iniciativas para esixirlle a Feijoo explicacións por este enganou “a tódolos parados galegos, aos estudantes, aos pensionistas e aos enfermos”, aos que lle dixo e prometeu xusto o contrario do que agora están a facer el mesmo e Rajoy.

O dirixente socialista explicou que instarán a Feijóo a comparecer no Parlamento de Galicia e a explicar os galegos e galegas “como lle vai afectar a súa economía e as súas vidas todo o que acaba de anunciar Rajoy no Congreso dos Deputados”. Manifestou que todas estas medidas van “directamente o corazón da estrutura socioeconómica de Galicia” e lamentou que nunha situación tan dramática “o presidente fuxa de Galicia e estea dando conferencias por Madrid en vez de estar aquí, dando a cara” ante os galegos e as galegas.

Pachi Vázquez considerou especialmente dañinas e inxustas estas medidas para Galicia por canto “a maioría dos cidadáns galegos son pensionistas e parados”. En todo caso, considera que este ataque ten uns claros responsables. “Os responsables disto son Feijoo, Rajoy e o Partido Popular” e grazas a eles e a estas medidas en España, pero sobre todo en Galicia, “imos ter menos recursos para pagar o que debemos, menos prestacións sociais e van a colocar a este pais nunha situación imposible”.

O dirixente socialista asegurou que tras o anuncio de Rajoy, “a economía galega recibe un novo torpedo na liña de flotación, xa que as posibilidades de reactivar o consumo no noso pais caen espectacularmente”. Pachi Vázquez aclarou que fai sete meses “Feijoo e Rajoy recorreron o país dicindo xusto o contrario, enganando a todos”.

“Este engano por parte do Partido Popular so deriva en sufrimento, recesión e paro”, sentenciou. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE asegurou que o máis grave de todo é que se trata dun “sufrimento innecesario porque as medidas non serven para reparar o país senón para crear máis pobreza e que afectan sempre os máis débiles”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar