Pachi Vázquez: "Os galegos xa sabemos como as gasta o PP. Con Feijóo hai máis recortes, máis paro e nin caixas nin banco"

Pachi Vázquez: "Os galegos xa sabemos como as gasta o PP. Con Feijóo hai máis recortes, máis paro e nin caixas nin banco"

Pachi Vázquez: "Os galegos xa sabemos como as gasta o PP. Con Feijóo hai máis recortes, máis paro e nin caixas nin banco"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, defendeu que Galicia e España necesitan un goberno que crea na sanidade e na educación públicas e defenda a nosa economía, e dixo que en Galicia “xa sabemos como as gasta o PP, porque levamos máis de dous anos véndoo con Feijóo, e vemos que non saben gobernar”.

Así, o líder dos socialistas galegos apuntou que o 20N os cidadáns terán que escoller entre Rubalcaba “o home que sabe tomar decisións” ou Rajoy “que nunca toma decisións, e que só ve Galicia como un lugar para vir de vacacións”.

Lembrou que Rubalcaba representa “a un partido implicado con Galicia, que conseguiu a maior inversión que a nosa comunidade tivo na súa historia; e tamén con Vigo, co AVE, co aeroporto, co porto, coa depuradora”. “Fronte a isto temos a Rajoy, que cando foi ministro non foi capaz de traer nin un só investimento para Galicia”, sentenciou.

“Os galegos xa sabemos como as gasta o PP, porque levamos máis de dous anos véndoo con Feijóo”, sinalou Vázquez. “Feijóo dixo que ía arranxar o desemprego e o paro medra o dobre que en España; que non ía tocar a sanidade e reduce médicos; que non tocaría a educación e hai mil docentes menos; que non tocarían os comedores escolares e saca unha lei que di que o neno que non paga non come. Esa é a política do PP”, proclamou.

“Non saben gobernar”, afirmou, para lembrar que “cando Feijóo chegou ao goberno Galicia tiña dúas caixas e un banco, e hoxe nin caixas nin banco”.

Fronte a isto, avogou por un goberno “que crea na sanidade e na educación públicas e defenda a nosa economía” como o que representa o PSOE e fixo un chamamento a facer unha campaña “falando coa xente” e para conseguir que en España sigan a gobernar “os únicos que lle dan garantía a Galicia de que cren en nós, nos galegos e nas galegas”.

Vázquez fixo estas declaracións no acto de presentación da candidatura da provincia de Pontevedra, que tivo lugar esta mañá en Vigo, e no que tamén interviñeron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o secretario provincial, Modesto Pose, e a número un ao Congreso, Carmela Silva, e ao que asistiron o resto de candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar