Pachi Vázquez: "Os avances no eido social no concello da Rúa son o principal aval do alcalde"

Pachi Vázquez: "Os avances no eido social no concello da Rúa son o principal aval do alcalde"

Pachi Vázquez: "Os avances no eido social no concello da Rúa son o principal aval do alcalde"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, apoiou o acto de presentación do candidato socialista na Rúa e actual alcalde, Luís Fernández Gudiña, de quen dixo que o seu principal aval é o avance da Rúa no eido social, “o seu gran valor engadido”, así como os avances no ámbito industrial, en infraestrutras e medio ambiente.

Vázquez salientou que o alcalde foi quen de conseguir para A Rúa “os maiores investimentos dos últimos anos, e de toda a historia ruesa”, porque “todos sabemos que este foi un pobo maltratado economicamente por unha Deputación Provincial e unha Xunta en ambos períodos populares, polo feito de non ser un concello dos seus”.

Ademais lembrou que o goberno socialista da Xunta, con Emilio Pérez Touriño, e o Goberno central, sobre todo a través do Plan E cun investimento de 1,5 millóns de euros, fixeron posible realizar moitos proxectos, como humanizar a Rúa Circunvalación, levar a cabo a 2ª e 3ª fase da Doutor Vila ou construír un novo campo de fútbol de herba artificial, vital para o deporte rués.

Tamén recordou que dende a Consellería de Medio Ambiente, da que o propio Pachi Vázquez era titular, se investiron 600.000 euros e para a construción dun colector xeral de augas para o abastecemento de toda A Rúa. A esta inversión sumou 800.000 euros mais para a construción do Vertedoiro de Inertes, tan necesario para o incipiente polígono das Pedreira e para facilitar o traballo a unha empresa que lle está a dar máis de 150 empregos á Rúa (Rieter Saifa).

Entre outras actuacións medioambientais, o líder dos socialistas galegos apuntou un paseo fluvial e unha zona entorno ao encoro de San Martiño totalmente acondicionada, e actuacións de saneamento e humanización dos principais barrios da vila: Fontei e a Rúa Vella.

“En definitiva, melloramos o saneamento e o abastecemento, as infraestructuras, a sanidade, a educación, e os servizos sociais”, dixo Vázquez, fronte a “estes dous últimos anos, que foron tanto para Galicia como para A Rua dous anos en branco”.

Neste sentido engadiu que “non só se realizaron investimentos e novos proxectos dende a Xunta para esta comarca, senón que se paralizaron moitos dos que xa estaban en marcha”, como a retirada do Plan Laxa, das Axudas para a recuperación de Camiños e Viñedos; recortaron o Plan de Cooperación ao desemprego, que se distribúe segundo criterios electoralistas, ou manteñen pechado un Centro de Día que o actual goberno do da Xunta recibiu chave en man do anterior goberno socialista.

Pola súa parte, o secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, denunciou as presións do Partido Popular aos candidatos ou posibles candidatos socialistas nos distintos concellos da provincia de Ourense, e concretamente na comarca de Valdeorras.

Así, Fernández censurou a intolerable agresión da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras hacia a nosa portavoz municipal e candidata, María Concepción Rivera tato, a quen ofreceu o seu total apoio.

CANDIDATURA

1 FERNANDEZ GUDIÑA, LUIS
2 FERNÁNDEZ VIZCAYA, ANA
3 ARISTEGUI DIEGUEZ, CARLOS
4 GARCÍA ÁLVAREZ, FRANCISCO
5 ALONSO GUZMÁN, MARTA MARÍA
6 NOGUEIRA MENENDEZ, VICTOR MANUEL
7 MARTÍNEZ SALVI, VERÓNICA
8 MACIAS FERNANDEZ, CLEMENTE
9 ALVAREZ DIAZ, ADELAILA
10 GONZALEZ MATOS, JOSE
11 LOPEZ FERNANDEZ, LUISA
S1 CRESPO PEREZ, JUAN
S2 DE DOMINGO SACRISTAN, MARIA SOLEDAD
S3 GONZALEZ VELASCO, NABOR
S4 FARIÑAS DÍAZ, FELISA
S5 GUERRA CEREIJO, DOSITEO
S6 FERNANDEZ SANTAS, CRISTINA
S7 NOGUEIRA GUDIÑA, EMILIO

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar