Pachi Vázquez ofrece o apoio dos socialistas ao sector naval galego e á empresa auxiliar

Pachi Vázquez ofrece o apoio dos socialistas ao sector naval galego e á empresa auxiliar

Pachi Vázquez ofrece o apoio dos socialistas ao sector naval galego e á empresa auxiliar

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE visitou a feira do sector, Navalia, en Vigo, acompañado polo xerente e a dirección da mostra a quen trasladou o desexo dos socialistas de “ser vehículo das iniciativas para sacar adiante o sector”

O dirixente socialista considera que as últimas noticias sobre a proposta do Goberno a Bruselas en relación tax-lease abre un camiño de solución

Censura a inconcreción do Presidente da SEPI na súa visita a Ferrol. Vázquez insta aos gobernos de Galicia e do Estado un pronunciamento claro a favor da construción do dique flotante e do centro de reparacións

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, visitou a Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, NAVALIA, acompañado polo Director Xerente, Javier Arnau, e unha representación do comité organizador da que Vázquez calificou como “unha feira das máis importantes do mundo para un sector dos máis importantes de Galicia e que está pasando por serias dificultades”. A delegación socialista completábana a coordinadora de Economía da Executiva galega, Carmen Gallego; o portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu e o deputado galego e Secretario Xeral de Vigo, Manuel Gallego .

O máximo dirixente dos socialistas galegos dixo en relación á proposta notificada a Bruxelas sobre o tax lease por parte do Goberno de España que “parece que algúns dos grandes elementos que afogan ao sector afrouxa un pouquiño”. Considera “positivo” o acordo en base ao coñecido como modelo francés, que causaba un certo rexeitamento por parte do sector, algo que ralentizou esta proposta.

En relación a estas negociacións, o líder dos socialistas galegos afirmou que “é unha proposta que abre un camiño” cara a atallar a crise que sufre o sector e semella o modelo de axudas ao de outros países da UE.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE condenou a actitude do Presidente da SEPI a Ferrol. Pachi Vázquez esixiu aos gobernos de Feijóo e Rajoy que “claramente se pronuncien” sobre o centro de reparacións e o dique flotante, “que Galicia necesita”.

Dixo do Naval que “trátase dun sector que nos fai unha rexión diferencial”, razón polas que “fannos falta apoios decididos”. Para o dirixente socialista, se abren horizontes positivos, e, mentres a economía empece a coller forza, “tennos que pillar, como xa estamos, tecnoloxicamente preparados, sobre todo ás empresas auxiliares”.

Vázquez insiste en que o Goberno galego e o Goberno de España teñen que entender que o auxiliar é un sector fundamental e hai que “desbloquear enerxías renovables”. Ínstaos a entender que “existen políticas tanxenciais entre naval, metal e auxiliares e o que non se pode é parar”.

Por iso “vimos aquí a apoiar desde o PSdeG-PSOE, a un dos sectores que fai coñecido a Galicia en todo o mundo”, aseverou. Vázquez expresou ao director xerente de Navalia o desexo dos socialistas galegos de ser “vehículo das iniciativas para sacar adiante este sector”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar