Pachi Vázquez ofrece "cambiar sufrimento por crecemento" mentres Feijóo "só ofrece mentiras como o dique flotante de Ferrol"

Pachi Vázquez ofrece "cambiar sufrimento por crecemento" mentres Feijóo "só ofrece mentiras como o dique flotante de Ferrol"

Pachi Vázquez ofrece "cambiar sufrimento por crecemento" mentres Feijóo "só ofrece mentiras como o dique flotante de Ferrol"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse hoxe a construír o dique flotante “para darlle emprego a este pais”. Nun mitin en Ferrol, que presentou a candidata da comarca, Beatriz Sestayo estivo acompañado tamén polo secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba.

Neste mitin comprometeuse a gobernar “para cambiar sufrimento por crecemento”, e explicou que ten un programa moi sinxelo “emprego, sanidade, educación, dependencia e igualdade entre homes e mulleres”.

O candidato socialista dixo votar ao PSdeG-PSOE “é votar contra os recortes en sanidade e educación, contra o copago sanitario e contra a oposición de Rajoy a construír o dique flotante que precisa Navantia”. Así o dixo en Ferrol, berce do socialismo hai 130 anos, e que dixo que “vai ser decisivo para o cambio en Galicia”.

Vázquez ironizou sinalando “Ferrol, qué mellor sitio para recordarlle a Feijóo o que din os mandamentos: non mentirás”, e proseguiu “porque cada vez que fala non conta unha verdade”. Asegurou que Galicia “só poderá saír desta crise se cambiamos a política do sufrimento pola política do crecemento e se cambiamos a economía especulativa por unha economía produtiva”.

Apuntou que o próximo 21 de outubro “Galicia decide si quere mais impostos para todos e todas, máis paro e máis copago para situarnos no camiño de Grecia e Portugal da man do PP ou si quere un goberno socialista que aplique mais impostos para os mais ricos e que dedique estes ingresos á creación de emprego, á sanidade e á educación no camiño da Francia de Hollande”.

Sinalou que “estamos preparados para gobernar e sacar a Galicia da crise” con mais recursos grazas ao aforro do gasto sanitario e novos impostos aos mais ricos, a creación de emprego, o crecemento apoiando aos sectores produtivos estratéxicos, aos emprendedores e ao sistema financeiro e a blindaxe da sanidade e da educación”.

Comercio de proximidade

Anunciou ademais que impulsará o comercio de proximidade “poñeremos impostos ás grandes areas comerciais e esixiremos que cumpran os seus horarios”. Asegurou tamén que si sae elixido Presidente da Xunta anulará os concertos dos colexios que separen os nenos por sexo.

Dixo ademais que “esta dereita sen alma de Feijoo quere cóbralle o transporte aos nenos nos colexios, e non podemos consentilo”, espetou. E anunciou tamén que si goberna o vindeiro 21 de outubro “o Goberno farase cargos dos comedores escolares”.

Anunciou tamén un plan de emprego, por un importe de 60 millóns de euros, para os mais mozos, e criticou a actitude de Feijoo “que esta dobrando a cabeza e agochándose” co tema do paro. “Pero eu non vou deixar que os mozos de Galicia collan as maletas e se vaian”, resumiu.

Afirmou que Feijoo endosa a factura da austeridade aos cidadáns “eso non é ser austero é ser un caradura”. E concluíu “si nos xuntamos todos podemos darlle un desgusto á dereita”, o vindeiro 21 de outubro.

Austeridade

Pola súa banda, o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, subliñou que "nós estamos a favor da austeridade, pero o límite é a dignidade das persoas". Dixo que se pode discutir sobre austeridade, o Partido Socialista é un partido que aposta por ela, pero rexeita os recortes que o presidente do Goberno e o Partido Popular disfrazan de austeridade "porque cando a austeridade recae sempre nestes acaba sendo un austericidio".

Engadiu que as próximas eleccións en Galicia serán unha oportunidade para que os votantes digan "non" aos recortes da dereita. España viviu dúas citas electorais e o PP chegou a elas "con mentiras". Nas xerais "cun programa electoral que era unha gran mentira", ás andaluzas asturianas e andaluzas "ocultando uns Presupostos" e agora, na terceira cita coas urnas, chega ás galegas sen dicir se revalorizarán as pensións.

Rubalcaba mostrouse convencido de que o PP non o di, porque "non vaino facer". Por iso anima os galegos a manifestarse mañá "contra uns PGE falsos, inxustos e ineficaces" e maniféstese dentro de 15 días con "a arma máis poderosa en democracia: o voto". "Votar para dicir non, non e non" ás políticas de recortes de Rajoy, unhas políticas que só dan a España "mentiras e desigualdade".

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. creo que cuando ay un dirigente que destaca (pepe eo alcalde de orense) tein a tactica de ir apor eles les ruego que los arropen,tenemos que cudar lo nuestro—tenec fe en el trunfo para triunfar animo compañeros

Deixar a resposta

Pechar