Pachi Vázquez ofrece a Feijóo un pacto para distrubuír os fondos aos concellos de xeito obxectivo e non partidario

Pachi Vázquez ofrece a Feijóo un pacto para distrubuír os fondos aos concellos de xeito obxectivo e non partidario

Pachi Vázquez ofrece a Feijóo un pacto para distrubuír os fondos aos concellos de xeito obxectivo e non partidario

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, ofreceu a Feijóo asinar un pacto nesta campaña para distribuír os fondos da Xunta de xeito obxectivo e non partidario “o que acabaría coas cacicadas”. Así o afirmou en Ourense, onde acompañou esta mañá ao alcalde e candidato á alcaldía, Francisco Rodríguez, ao que cualificou como “un alcalde exemplar cun goberno exemplar”.

Así, “fronte aos que se empeñan en atacar e destruír a política municipal, os socialistas sentímonos orgullosos dos nosos alcaldes e da nosa política municipal, que está acadando gobernos exemplares e que estou seguro de nos fará revalidar a confianza dos cidadáns”, manifestou.

Apuntou que “mentres o PP esconde aos seus candidatos, nos sentímonos orgullosos deles, porque non queremos candidatos que só vivan para o partido, senón comprometidos cos problemas de homes e mulleres de cada cidade, pobo e vila”.

Por elo, criticou que o PP “asinou un contrato só co PP, e que converte aos candidatos ás grandes cidades en monaguillos de Feijóo”.

Nesta liña, ofreceu a Feijóo asinar un pacto na campaña “de respecto á vontade cos cidadáns en cada concello”, no que “todos os partidos nos comprometamos a distribuír os fondos da Xunta e as deputacións con criterios obxectivos, goberne quen goberne, como fixo o Goberno central co Plan E”.

“Non vale predicar unha cousa e facer a contraria, non vale predicar ética, transparencia e democracia e logo ser un goberno sectario como está a ser o de Feijóo, especialmente nesta provincia”, sinalou, dado que “todos os convenios asinados ultimamente son ao 100 por cen para goberno do PP”.

Vázquez comprometeuse a que en todas as administracións que gobernen os socialistas “se distribuirán os fondos con obxectividade, como está a acontecer nas deputacións de Lugo e A Coruña” e pediu a Feijóo “que asuma o mesmo compromiso”.

Pediulle a Feijóo “que compitamos lexitimamente en campaña para gañar, e pero esixo que, unha vez abertas as urnas, nos comprometamos a respectar aos concellos, goberne quen goberne e que a distribución dos fondos das administracións se faga con criterios obxectivos, non como se fixo co reparto de Fondos de Cooperación Local”.

“Se acadamos este gran acordo, estaremos facendo grande a política”, sentenciou.

Compromiso, traballo e honradez

Pola súa parte, o alcalde e candidato en Ourense, Francisco Rodríguez, agradeceu o “apoio, respaldo e autonomía” que o partido lle concede para plantexar “as políticas que queremos levar a cabo neste concello”.

Dixo estar orgulloso do traballo realizado en Ourense nos últimos catro anos e que foron “un exemplo de compromiso, traballo e honradez”.

Salientou que “nun momento en que os ingresos se reducen, conseguimos diminuír o endebedamento, ter máis investimento que nunca en obra pública e multiplicar por tres o diñeiro que dedicamos ás políticas sociais e aos sectores máis desprotexidos”.

“Isto nos da confianza para poder dirixirnos aos cidadáns e pedirlle o apoio para continuar con esta liña política outros catro anos”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar