Pachi Vázquez: “O transfuguismo de Louzán, Barreiro e Baltar serviu para roubar alcaldes e comprar vontades politicas”

Pachi Vázquez: “O transfuguismo de Louzán, Barreiro e Baltar serviu para roubar alcaldes e comprar vontades politicas”

Pachi Vázquez: “O transfuguismo de Louzán, Barreiro e Baltar serviu para roubar alcaldes e comprar vontades politicas”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE Pachi Vázquez afirmou “que o transfuguismo de Louzan, Barreiro e Baltar serviu para roubar Alcaldes e comprar vontades políticas”.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións na localidade pontevedresa da Illa de Arousa, donde participou xunto co Vicesecretario Xeral do PSOE, Jose Blanco, na presentación do candidato socialista á alcaldía que encabeza Manuel Vázquez. Dixo que a Illa de Arousa é un referente para tódolos socialistas de Galicia.

Vázquez lembrou que o Goberno bipartito da pasada lexislatura foi etapa de maiores investimentos para a Comarca da Illa, e aludiu as infraestructuras, as políticas sociais e medioambientais “nunca volvera a haber un investimento desa dimensión na Illa de Arousa”, espetou.

O secretario xeral dos socialistas galegos dixo que os gobernos do PSdeG-PSOE foron os que sanearon a Ría e compraron o Patrimonio Natural, como a Illa de Cortegada e Salvora “que foi mercada na pasada lexislatura para ser patrimonio de tódolos galegos”, asegurou.

250.000 homes e mulleres desempregados

Pachi Vázquez loubou o Plan E de Zapatero impulsado para reactivar o emprego e a economía. E pola contra criticou as propostas do PP “din que teñen solución para todo e resposta para todo”, neste punto aludiu a promesas de Feijoo anunciando que ía arranxar a crise en 45 días, pero denuncia que dende a súa chegada “Galicia ten os datos de paro mais altos da Historia da Comunidade”, son 250.000 homes e mulleres que están en desemprego. E engadiu “Feijoo é un incompetente”, pero advertiu “competencias tenas todas”.

O secretario xeral dos socialistas galegos dixo que o PP anunciou unha campaña coa que vai empezar a recorrer Galicia para explicar “porque non fixeron nada, nin por Galicia, nin polos galegos”

Vázquez aludiu a Comisión de Infraestructuras que o Goberno de Feijoo puxo en marcha “pero non para facelas, senón para vixiar as que fai o Ministerio de Fomento, hai que ter cara dura”. E tamén criticou a comisión que creou con Portugal “para botarlle a culpa dos problemas económicos de Galicia”. E proseguiu “leva 2 anos Gobernando e non mirou nin un so día para Portugal”.

E reclamoulle a Feijoo que “cree unha Comisión de infraestructuras para verificar as que non fixo o seu Goberno, e outra para ver porque Galicia non avanza nin un so metro”, proclamou.

Tamén aludiu aos recortes de Feijoo “retirou os seguros do mar a 30.000 homes e mulleres, e tamén a pensións as mariscadoras, sen piedade, e mentres sube o recibo da auga un 140%, ademais de cobrar un canon aos que teñen pozos e traídas veciñais”.

O PP engana moi ben

“O PP- dixo- hai unha cousa que fai moi ben, e é que engana moi ben”, ironizou Vázquez, “pero cando chegan ao poder non teñen compaixón de nada, suprimen os libros de texto e pechan os quirófanos”. Por iso subliñou que dende o PSdeG-PSOE “defendemos o publico e os intereses de tódolos galegos e as políticas que non fan iguais a todos”.

O Hospital do Salnés pasou dunha lista de espera de 45 a 75 días

Sobre a sanidade replicou que Feijoo recortou 430 medicamentos aos galegos “pero esto non é para aforrar, xa que o Constitucional tumbou o Catalogo de Feijoo”. E denunciou que o Hospital do Salnés en menos de dous anos pasou dunha lista de espera de 45 días a 75 días.
E resumiu “Zapatero é o que esta tirando das infraestructuras, da sanidade e da educación en Galicia”. E concluíu “o Ministro José Blanco é un home que está a facer de presidente de Galicia”, insistiu “porque se non es ti o que trae as infraestructura e investimentos a Galicia este país tería no paro a outras 20.000 persoas”, afirmou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar