Pachi Vázquez: "O PSOE deu unha lección de democracia e a clave agora é integrar, unir e ser fortes"

Pachi Vázquez: "O PSOE deu unha lección de democracia e a clave agora é integrar, unir e ser fortes"

Pachi Vázquez: "O PSOE deu unha lección de democracia e a clave agora é integrar, unir e ser fortes"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou a súa satisfacción porque o PSOE deu hoxe “unha lección de democracia impresionante” no 38º Congreso Federal.

En declaracións aos medios tras a proclamación do novo secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, Vázquez destacou que “coas ilusións e desilusións propias de cando entre compañeiros se toma unha decisión, estamos satisfeitos con esta lección de democracia e cos dous candidatos”.

Vázquez tivo así palabras de recoñecemento para Carme Chacón “que fixo unha candidatura que enorgullece ao partido” e para Rubalcaba “que lle da un marchamo ao PSOE”.

Do novo secretario xeral do PSOE, ao que Vázquez apoiou, destacou que “é unha máquina de traballar incansable” e que “sabe moi ben o que temos que facer, que temos que abrir o partido, renovar o modelo e incrementar a participación”.

Salientou que tras a proclamación do novo secretario xeral, o PSOE terá unha nova dirección “que nace con ilusión e gañas” e na que “o bo sería que todos remasemos na mesma dirección, e estou seguro que vai ser así”.

“Temos moitos deberes por facer e esta noite vai ser longa”, dixo, para engadir que os socialistas traballarán coa vista posta en dous procesos electorais xa convocados, o de Andalucía e Asturias, “e outro que se está cocendo, que é o de Galicia”.

Preguntado pola división entre os que apoiaron unha ou outra candidatura, Vázquez afirmou que “é a propia dun congreso” pero salientou que “agora xa non importa, xa todos somos o mesmo partido, e tentaremos formar unha Executiva cos mellores homes e mulleres, independentemente de a quen apoiasen”.

Por elo, dixo que o desafío clave está en “integrar, unir, e ser fortes”.

“O PSOE cada vez que ten un congreso sae unido”, afirmou, “e ao minuto seguinte da proclamación a xente aplaude, aproba e se integra”. Nesta liña dixo ser “un firme defensor da integración, independemente do voto de cada quen no Congreso”.

En clave galega

Preguntado pola lectura en clave galega deste Congreso, Vázquez dixo que “houbo compañeiros e compañeiras que se posicionaron a favor de Chacón, como Francisco Caamaño, do que eu me sinto orgulloso porque estivo en primeira liña, dando todo; outros como Caballero, Orozco ou Ricardo Varela, defendendo a Rubalcaba, pero hoxe xa todos pasamos páxina e todos os homes e mulleres socialistas teñen un espazo para participar e sacar adiante o proxecto para Galicia no que temos tanta ilusión”.

Preguntado sobre os representantes galegos que formarán parte da Executiva Federal, Vázquez dixo que o principal obxectivo é “que Galicia estea forte”. “Vamos a por todas e tentaremos buscar un criterio obxectivo para que haxa homes e mulleres que representen a Galicia neste proceso”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar