Pachi Vázquez: “O PSdeG renace con forza nos seus congresos para gañar a batalla á dereita"”

Pachi Vázquez: “O PSdeG renace con forza nos seus congresos para gañar a batalla á dereita"”

Pachi Vázquez: “O PSdeG renace con forza nos seus congresos para gañar a batalla á dereita"”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE clausurou o 2º Congreso Provincial dos socialistas coruñeses, que elixiron a Francisco Caamaño Secretario Xeral

Vázquez afirma que non responderá aos insultos aos que recorre Feijóo, nervoso porque logo de tres anos de goberno non ten balance de xestión que presentar

O líder dos socialistas galegos esixe para NGB a mesma recapitalización con fondos públicos que para Bankia

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, clausurou o 2º Congreso Provincial dos socialistas coruñeses felicitando ao Secretario Xeral do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña electo, Francisco Caamaño, e aos compañeiros que concurriron con el a esta elección, José Manuel Lage Tuñas e Valentín González Formoso.

“Os socialistas galegos podemos estar orgullosos”, é a frase coa que resumiu a súa valoración do proceso congresual dos socialistas coruñeses.

“Orgullosos das nosas ideas e do noso partido. Orgullosos de celebrar congresos, de presentar alternativas, de debatir e de apoiar unánimemente as decisións da maioría”, continuou o máximo dirixente dos socialistas galegos quen salientou que “esta é a forza do PSdeG, que renace hoxe aquí na Coruña, para gañarlle a batalla á dereita”.

Unha dereita “na que poucos confían, porque nos está levando ao desastre”, aseverou. “Unha dereita que en vez de gobernar, insulta, que en vez de resolver os problemas, os agrava e que, en vez de defender á cidadanía, a somete”, dixo Vázquez en alusión á política exercida polos gobernos de Rajoy e Feijóo.

MESMO TRATO PARA NGB QUE PARA BANKIA

O Secretario Xeral do PsdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de esixir para Novagalicia Banco o mesmo trato que para Bankia. “Quero para NGB a mesma recapitalización con fondos públicos” que para a entidade creada en torno á Caixa Madrid.

“Espero que toda Galicia, as forzas políticas, os sindicatos, os empresarios e, especialmente, o Presidente da Xunta se comprometan a defender esta proposta”, requiriu a Núñez Feijóo, porque considera Vázquez que chegou o memento de “dicir se se está con Galicia e co seu Sisteman Financeiro, ou se está por outras opcións”.

O PROBLEMA NON É O DÉFICIT, É FEIJÓO

Noutro momento do seu discurso, o máximo dirixente dos socialistas Galegos acusou a Feijóo de non ter xestión nin balance de lexislatura que presentar. “O problema de Galicia non é o déficit. O problema é Feijóo”, aseverou o dirixente socialista en referencia ao modo xestionar a crise do presidente galego.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE considera que esta ausencia de balance lexislativo está a poñer “nervoso” ao Presidente galego, e o induce a “insultar” aos seus adversarios políticos. “Non vou responder aos insultos”, dixo aos delegados do Congreso provincial coruñés. Dirixiuse ao Xefe do Executivo galego para darlle un consello en forma de refrán: “É mellor librarse dos ditos que dos feitos”. Pachi Vázquez invitou a Feijóo a “que reflexione e que non busque simular un malestar para librarse dunha responsabilidade” porque a responsabilidade de todo o que pasa é únicamente súa.

PROXECTO SOCIALISTA

Para o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE os problemas de Galicia “están moi claros” e adiantou as posibles solucións: Crecemento, para dinamizar unha economía en recesión; crear emprego, para combatir a taxa de paro máis alta da historia; financiamento, para as empresas e as familias e blindaxe da Sanidade e da Educación públicas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar